Site icon Crónica3.com A Mariña

Ao Panificadora sóbralle a primeira parte en terras ourensás (4-2)

Nota de prensa
Ao Panificadora sóbralle a primeira parte en terras ourensás (4-2)

Logo de presenciar o derbi de Honra entre o Cidade das Burgas e o Ponte Ourense, as ribadenses saltaron á pista dos Remedios para enfrontarse ao segundo equipo do Ponte. Aínda que non recolleron vitoria (4-2), as mariñás mostraron unha boa cara e non defraudaron para nada na súa actitude de conseguir os tres puntos.

A saída en tromba das locais, aliadas coa sorte na consecución dos goles, puxo as cousas difíciles ás ribadenses, que tiveron que irse ao descanso cun resultado desfavorable de 3-0.

Na continuación, as de Ribadeo adiantaron as súas liñas e roldaban con perigo a portería local, aínda que foron de novo as ourensás as que alteraron o luminoso. A cadete debutante Silvia conseguiu o 4-1, de tiro cruzado, e posteriormente Marta, en xogada individual ao desfacerse da súa marca, subiu o 4-2, batendo entre as pernas a porteira local. Os mellores momentos do Panificadora chegaron ao final exercendo unha forte presión sobre o rival, aínda que sen repercusión no marcador.

Esta nova derrota non altera as posibilidades de salvación do equipo ribadense, que o vindeiro sábado deberá enfrontarse ao potente Leis Pontevedra na Mariña (18.00 horas). Para este encontro, Martínez poderá contar con Nuria, Sabela e Elvira, ausentes en Ourense.

Provincial feminina. As novas xogadoras do Xoula-Ribadeo FS saíron vencedoras onte do seu compromiso co FSF Lucense, ao que se impuxeron por 3-2. Aínda que as ribadenses se foron con 2-0 ao descanso e posteriormente conseguiron o 3-0, as lucenses, que roldaron con frecuencia a portería local, a punto estiveron de darlle a volta ao marcador.

Provincial masculina. O Ribadeo perdeu gran parte das opcións de ascenso o pasado sábado ao caer derrotado por 4-5, como local, polo correúdo Castroverde, penúltimo clasificado.

Ficha técnica

Panificadora do Eo-Ribadeo FS: Carla, Eva, Marta (1), María e Fátima, cinco inicial; tamén xogaron Silvia (1), Iria, Toñi, Arancha e Vanessa.

FSF Mesón Río Ulla: Dolo, Silvia (2), Ana, Jessica e Cris (1), cinco inicial; tamén xogaron Sabela, María, Greta, Cris Pirruccio (1), Ángela, Olga e Bárbara.

Árbitros: Ismael Pardo Figueiral e Pablo E. Guntín Garrido, da delegación de Ourense.

Cartóns amarelos: Silvia, polo Cidade de Ourense, e a Arancha e María, polo Panificadora.

Exit mobile version