Site icon Crónica3.com A Mariña

Ao Burela FS tocaralle defender a sexta praza ante o o Restaurante Frontera Tobarra

Nota de prensa

O TOBARRA CHEGA A BURELA PECHANDO A CLASIFICACIÓN (MARTES 15, 21.00 HORAS)

Sen tempo apenas para repoñerse do periplo ceutí, os pupilos de Suso Rey encararán mañá a segunda de tres citas nunha semana. En fronte terán o Restaurante Frontera Tobarra, que chega a Vista Alegre (21.00 horas) pechando a clasificación de Prata, con 14 puntos.

Ao Burela FS tocaralle defender a sexta praza (39 puntos) ante un conxunto que só puntuou fóra da casa na xornada inaugural da tempada, en Eivissa (2-4). Aínda así, cunha longa etapa de resultados en contra e numerosos altibaixos, o cadro de Juan Carlos Bartual, que vén de reforzarse no mercado invernal co ala Sergio Martínez e o porteiro Augusto Landete, loita por saír da zona conflitiva; dende comezos de 2011 puido gañarlle ao Lanzarote (6-5) e empatar co Space Gasifred (3-3).

A priori o rival dos laranxas pode resultar o máis doado de toda a metade baixa de play off. O quinto, BP Andorra (39), visita o terceiro, UPV Maristas Valencia, e o sétimo, ElPozo Ciudad de Murcia (38), viaxa á pista do segundo, OPDE Ribera Navarra. Por último, o oitavo, Arcebansa Zamora (37), recibe o undécimo, Space.

Juanma, que se reincorporou esta tarde aos adestramento do equipo, aínda non poderá participar nesta cita.

Próxima xornada. ElPozo agarda os burelistas, en duelo directo, no último encontro dunha semana moi atarefada. Será no Palacio dos Deportes murciano, o sábado a partir das 17.00 horas.

Exit mobile version