Site icon Crónica3.com A Mariña

Anuncia o PP investimentos da Xunta na Rede Natura da Mariña Lucense

Nota de prensa:

A deputado Emma Álvarez Chao indica que as axudas outorgadas pola Xunta teñen como destino accións que permitan a mellora da paisaxe, o mantemento das condicións ambientais, restauración de elementos históricos, patrimoniais ou culturais
MEDIO RURAL INVISTE 133.820 EUROS EN DISTINTAS ACTUACIÓNS DA REDE NATURA DA MARIÑA LUCENSE

* A finalidade principal é incrementar, nas explotacións agrícolas, o valor de recreo público das zonas Natura 2000.

A Mariña, 16 de febreiro de 2011.- A Consellería de Medio Rural vén de investir 133.820 euros en distintas actuacións que se están a desenvolver nos concellos da Mariña lucense en espazos afectados pola Rede Natura 2000. Os investimentos teñen por obxecto, segundo explicou a deputada popular Emma Álvarez, financiar accións que permitan a mellora da paisaxe, o mantemento das condicións ambientais ou a restauración de elementos históricos, patrimoniais ou culturais. A finalidade última pretendida pola Xunta de Galicia é incrementar, nas explotacións agrícolas, o valor de recreo público das zonas Natura 2000. A Xunta de Galicia contribúe con estas axudas ao fomento e aumento do papel dos concellos á hora de levar a cabo este tipo de accións, na súa calidade de entidades xestoras de terras.

CADRO DAS AXUDAS 2010-2011

O Valadouro Acondicionamento de pista de acceso a Veiga Rubia e Cadramón 19.989,17
Lourenzá Adecuación de servizos e instalación de xogos na área recreativa 19.900,00
Alfoz Limpeza e restauración de camiños 17.575,20
Xove Acondicionamento do acceso á Punta da Mansa na parroquia de Portocelo 16.446,50
133.820,87

Ata sete concellos da nosa comarca aparecen beneficiados por esta liña de axudas promovida pola Xunta de Galicia: son A Pontenova (con 19.950 euros), Mondoñedo (con 19.960 euros), Ribadeo (con 20.000 euros), O Valadouro (con 19.989,17 euros), Lourenzá (con 19.900 euros), Alfoz (con 17.575, 20 euros) e Xove (con 16.446,50 euros). As contías se dividirán a partes iguais segundo unha liña de subvención correspondentes ás anualidades de 2010 e 2011.

Entre as actuacións a financiar está desde o acondicionamento da marxe dereita do río Eo (A Pontenova), á reconstrución da ponte sobre o río Trocedo (Mondoñedo), a extración de vexetación exótica e plantación de arboredo autóctono (Ribadeo), acondicionamento da pista de acceso á Veiga Rubia e Cadramón (O Valadouro), adecuación de servizos e instalación de xogos na área recreativa (Lourenzá), limpeza e restauración de camiños (Alfoz) e acondicionamento do acceso á Punta de Mansa na parroquia de Portocelo (Xove)

Natura 2000 é unha rede ecolóxica europea de áreas de especial importancia pola súa riqueza natural e biodiversidade. A súa finalidade é asegurar a supervivencia ao longo prazo das especies e os hábitats máis ameazados polo impacto adverso das actividades humanas. A día de hoxe a rede Natura 2000 constitúe o principal instrumento para a conservación da Natureza na Unión Europea.

Exit mobile version