Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnos do instituto burelés Monte Castelo participaron nun taller de reciclaxe de papel

Nota de prensa

ALUMNOS DE 4º  DE ESO DO IES MONTE CASTELO ELABORARON MARCAPÁXINAS NUN TALLER DE RECICLAXE DE PAPEL ORGANIZADO POR GAIA.

Burela, 1 de febreiro de 2011. Dezaséis rapaces de 4º de ESO do IES Monte Castelo participaron onte nun taller de reciclaxe de papel coas monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia do Concello. Segundo explican elas mesmas “os alumnos aprenderon a técnica de reciclaxe de papel usando periódicos usados para posteriormente elaborar marcapáxinas e decoralos con grabados. A actividade do reciclaxe de papel elaborado de forma caseira  consiste en cortar papel, botarlle auga quente, batelo, engadirlle cola e decoralo con follas secas ou tintes de cores; unha vez seco pódenselle facer grabados e usalo para elaborar marcapáxinas, axendas, etc”. Desde Gaia lembran que “a historia do papel desde os nosos tempos mais remotos, pasando polo papiro e o pergamino así como as clases e os usos do papel foron algunha das peculiaridades que coñeceron”.

As monitoras de Gaia seguen polas tardes  as súas actividades extraescolares nos dous  centros de ensino, CEIP Virxe do Carme e CEIP Vista Alegre, onde os mais pequenos usando todo tipo de residuos coma botellas, envases de plástico, cartóns, etc, elaboran os seus propios xoguetes, realizan talleres de barro, aprenden a importancia de respectar a natureza e conservar o medio ambiente que nos rodea a través de xogos de preguntas relacionadas co medio ambiente como son: Pegadas Verdes, Mundo Limpo e Pasapalabra Medioambiental.

Exit mobile version