Nota de prensa
Nova edición do Desfile de Perrucaría de Burela
Como cada ano por estas datas, as alumnas do Ciclo Medio de Perrucaría do IES Perdouro están a preparar o Desfile de Peiteados que se vai celebrar no Auditorio da Casa da Cultura de Burela. O evento celebrarase ás 19 horas do próximo Domingo, día 27 de Febreiro.
Como modelos nesta ocasión participarán alumnos e alumnas do propio Instituto Perdouro así como diversos compañeiros doutros Centros Educativos de Burela e da Mariña.
No Desfile de Perrucaría de Burela poderán verse peiteados e recollidos tanto dos estilos de fantasia e como dos clásicos. Un dos atractivos do evento consiste na realización en directo de dous cortes de cabelo e dous recollidos, realizados polas alumnas do 2º ano do Ciclo.
A recadación do desfile está destinada á colaboración nunha viaxe a Salamanca, onde as 28 alumnas deste ciclo formativo visitarán unha fábrica de cosméticos e asistirán a un curso de cor e corte.
Como novidade, neste ano contamos coa participación do alumnado do 2º ano do Ciclo Medio de Electrónica, que se ocupará dos medios técnicos (efectos de luz e son).
A dirección do IES Perdouro e o Departamento de Imaxe Persoal queremos animar a todos a asistir ao desfile para que poidan apreciar o traballo das alumnas.