Site icon Crónica3.com A Mariña

Afirma o PSOE de Cervo que o PP non respecta o Medio Ambiente e está a converter o concello nun vertedoiro

Nota de prensa:
OS POPULARES DE CERVO NON RESPECTAN O MEDIOAMBIENTE
A FALLA DE CONTROL E A DESIDIA ESTÁ A CONVERTER O CONCELLO EN UN VERTEDOIRO DE ESCOMBROS E LIXO INCONTROLADO

CERVO, 22 DE FEBREIRO.

Os terrenos municipales que rodean a nave de almacén de maquinaria do Concello de Cervo e os do entorno do campo de futbol de san Ciprián, seguen convertidos nun depósito incontrolado de materiais e residuos que afean a paixase e dan unha imaxe de desidia e suciedade. Os populares de Cervo denotan un desprezo sen precedentes polo medio ambiente ante a pasividade manifesta, influyendo negativamente na percepción xeral sobre a xestión municipal en temas ambientais.

Se dende o concello son incapaces de controlar o correcto almacenamiento de materiais e xestionar os seus propios residuos, malamente poderán controlar a proliferación doutros vertedoiros improvisados no Concello.

O GMS xa manifestou en varias ocasións a pouca sensibilidade que amosan os dirixentes locais polo medioambiente, que ante as críticas botan balones fora e achacan a culpa de todo a quen no goberna.

Restos de farois, tuberías de canalización, plásticos, ladrillos, etc campan as súas anchas ao largo e ancho de todo o concello, o que invita a que outras persoas actúen de igual forma e depositen toda clase de residuos e incluso electrodomésticos nestas zoas sen control e sen vixiancia.

.

Dende o GMS, instamos ao Goberno local a retirar de forma inmediata os materiais e residuos acumulados no entorno das instalaciónsa municipais e especialmente no campo de futbol, posto que os materiais depositados impiden ademais utilizar a zoa de aparcamiento, sen contar a imaxe que damos cara aos visitantes. Tamén debe o concello rexenerar os danos derivados desta mala práctica, así coma buscar e xestionar a instalación de puntos de acopio normalizados e controlados onde se podan almacenar ata o seu tratamento todos os residuos.

Barredoras paradas

Tamén temos que recordarlle o concello, porque así o manifestan os veciños, que as tres barredoras municipais levan paradas fai meses, orixinando que a suciedade se acumule en varios puntos das rúas do concello ao que accedían estas máquinas e que polo de agora non parece ser prioridade para o equipo de goberno.

Exit mobile version