Nota de prensa:
O GMPP afirma que o bigoberno rexeita subvencións da Xunta.
O concello rexeitou unha subvención de 2.785€ para festas populares e Turismo.
Os populares cren que esto demostra falla de planificación da actuación municipal.
O Grupo Municipal do Partido Popular de Burela (GMPP) afirmou hoxe que o bigoberno burelés pídelle subvencións á Xunta e logo rexéitaas, nunha clara mostra de falla de planificación e de traballo por parte dos membros do bigoberno. Noutros casos nin tan siquera se solicitan.
Os populares poñen un exemplo dunha subvención destinada ó apoio ás festas populares e a outros eventos de contido turístico. O concello solicitou esta subvención, cunha previsión de investimento de 15.474’52€, concedendo a Xunta unha subvención de 2.785’41€, ou sexa, o 18% do impor total. Pois ben, o concello presenta o 19 de novembro pasado un escrito no que renuncia á indicada subvención, renuncia que loxicamente é aceptada pola Xunta de Galicia.
Para o GMPP, o feito de devolver unha subvención demostra que non hai ningún tipo de rigor no traballo e na planificación da actuación do bigoberno burelés. Da a impresión que se piden as subvencións para que as rexeiten, pero logo resulta que quen as rexeita é o propio bigoberno.
E tendo en conta que estamos a falar dunha subvención que tiña unha finaliade turística e de apoio ás festas populares, cremos que a importancia ainda é maior, porque con esa subvención se pode axudar á festa do Monte Castelo, á Feira do Bonito, ou a outras actividades que se fan no noso concello.
O peor é que despois o bigoberno láiase de que a Xunta non atende a Burela, o que, como se ve, é mentira. A verdade é que o bigoberno carece dunha planificación da súa actividade política (como pasou nestes catro anos); móvese unicamente por impulsos, e non é capaz de aproveitar axeitadamente os medios que se poden conseguir doutras administracións, o que en definitiva perxudica os intereses de todos os veciños e veciñas deste concello.