Nota de prensa:
GRACIAS POR ESTAR EIQUI HOXE NESTE BAUTIZO POLÍTICO..NESTE KM CERO PARA UNIFOZ
UNIÓN INDEPENDENTE DE FOZ (UNIFOZ) ,NACE POLO SENTIR DOS VECIÑOS QUE CREEN QUE É NECESARIO UN CAMBIO EN FOZ
CAMBIO DE RUMBO, CAMBIO DE GOBERNO, CAMBIO DE FORMAS E FONDO
UNIFOZ É ALGO VOCACIONAL PARA TRABALLAR POR FOZ E A SÚA XENTE, DE FORMA ALTRUISTA E DESINTERSADA.
– ANA MARÍA LÓPEZ CAMPOAMOR, TRABALLA POR FOZ EN VARIOS COLECTIVOS.
– MARÍA ÁNGELES VEIGA VARELA, EXPRESIDENTA DA AA.VV DE MARZÁN
– JORGE CASTRO FERNÁNDEZ, A PERSOA MÁIS ACTIVA NA VIDA CULTURAL DE FOZ
– JOSÉ MARÍA LINARES RODRÍGUEZ, PERSOA LIGADA A A.DEPORTIVAS DO NOSO CONCELLO
UNIFOZ , É AIRE NOVO, É ILUSIÓN, É ESTILO E TRABALLO PARA A POLÍTICA LOCAL, PERO TAMÉN É COHERENCIA, DIÁLOGO, CONSENSO E CONFIANZA
NACE TAMÉN COA EXPERIENCIA DO MAL FUNCIONAMENTO DOS PARTIDOS POLÍTICOS, E NUN MOMENTO ONDE A CREDIBILIDADE DA VIDA POLÍTICA ESTÁ POLO SUELOS.
A MIÑA EXPERIENCIA EN POLÍTICA LOCAL DÍCEME QUE NUNHA FORMACIÓN POLÍTICA É MÁIS IMPORTANTE AS PERSOAS QUE O REPRESENTAN QUE OS SEUS IDEAIS, E CREO QUE É ALGO QUE TAMÉN COMPARTEN OS CIDADÁNS.
POR ISO UNIFOZ É UN PARTIDO DEMOCRÁTICO, ONDE AS DECISIÓNS SE TOMAN POR MAIORÍA CALIFICADA DO 80 %, E ONDE AS VOTACIÓNS INTERNAS TEÑEN QUE SER SECRETAS E NOMINAIS.
UNIFOZ CREE NAS LISTAS HORIZONTAIS, E ONDE TODOS OS MEMBROS TEÑEN OS MESMOS DEREITOS E OBRIGACIÓNS.
UNIFOZ É UNHA FORMACIÓN MUNICIPALISTA CON CLARA VOCACIÓN AS PERSOAS E NON OS IDEAIS ,CON ESPECIAL PREOCUPACIÓN POLAS PERSOAS QUE TEÑEN MÁIS NECESIDADES.
UNIFOZ, É UN PROXECTO POLÍTICO SEN ATADURAS.
UNIFOZ, CREE NESA CORPORACIÓN DE CONSENSO E DIÁLOGO, ONDE QUERE GOBERNAR PENSANDO MÁIS EN FOZ, E NON EN MADRID OU SANTIAGO.
UNIFOZ TEN DISCURSO PROPIO, TEN IDEAS, TEN ILUSIÓN, E GANAS DE TRABALLAR POLO CAMBIO DE FOZ.
TRABALLAREMOS PARA SACAR UNHA REPRESENTACIÓN MAIORITARIA DA CORPORACIÓN, AÍNDA QUE SOMOS CONSCIENTES QUE É ALGO MOI DIFÍCIL, AÍNDA ASÍ PACTAREMOS PARA UNHA CORPORACIÓN DE UNIÓN DE 13 CONCELLEIROS/AS POLO CONSENSO E DIÁLOGO POR FOZ.
INICIAMOS HOXE UNHA LARGA PRECAMPAÑA ,ONDE QUEREMOS ESTAR MOI PRETO DOS CIDADÁNS, PARA ESCOITALOS, PARA RECOLLER AS PREOCUPACIÓNS DOS VECIÑOS NO NOSO PROGRMA E PARA QUE O MESMO NON SEXA PAPEL MOLLADO.
-QUERO COMPROMETERME HOXE EIQUI ANTE TODOS VOSOUTROS, QUE FAREMOS UNHA CAMPAÑA LIMPA, TRANSPARENTE, SEN INSULTOS, SEN TEMAS PERSOAIS., A PESAR DE QUE SON COSCIENTE DE QUE HABERÁ QUEN SE ADICARÁ A POÑER ALGÚN ATRANCO NO CAMIÑO, NON CONTESTAREMOS ATA 22 DE MAIO
QUEREMOS APROVEITAR PARA CONVIDAR A TODOS OS VECIÑOS EN XERAL A QUE NOS ACOMPAÑEN NO NOSO PRIMEIRO ACTO PÚBLICO ESTE VENRES ÁS 20:30 H NA SALA BAHÍA, ONDE CONTAREMOS COA PRESENCIA DO SR ALCALDE DE RÁBADE, FRANCISCO XOSÉ FERNÁNDEZ MONTES , A QUEN LLE QUERO AGRADECER PUBLICAMENTE A SÚA COLABORACIÓN