O Museo Rosalía de Castro e a Rede Museística de Lugo, presentarán, o 24 de Febreiro, unha proxección sobre a mellor experiencia pedagóxica gañadora do último certame da Fundación Rosalía de Castro e repartirán material didáctico da proposta aos grupos escolares que durante o día se acheguen aos Museos da Rede (San Paio, Museo do Mar de San Cibrao e Pazo de Tor) e ao Museo da Fundación Rosalía de Castro en Padrón.