Nota de prensa:
ABERTA A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO DESFILE “ANTROIDO 2011” EN XOVE
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, pon en marcha unha nova edición do DESFILE DE ANTROIDO para este ano 2011, o cal vai percorrer distintas rúas de Xove o SÁBADO 5 DE MARZO a partires das 5 da tarde.
As Bases deste ano siguen a mesma liña do pasado ano, pero temos algunhas modificacións que realizamos co fin de mellorar o desfile e a participación no mesmo. Este ano a categoría de “parellas” amplíase e pasa a ser “parellas e grupos de ata 4 persoas”. Tamén a categoría de “comparsas e grupos” do pasado ano convírtese neste ano en “comparsas e grupos de máis de 4 persoas”. As restantes categorías (Individual Infantil, Individual Adultos e Carrozas) quedan igual. Tampouco varían as contías dos premios.
O período de inscrición xa está aberto, e a mesma hai que realizala en:
-Concello de Xove, oficina do Técnico de Cultura (horario de oficina de 8:30 a 15:00 horas) ata o venres 4 DE MARZO incluido, ou ben, chamando por teléfono ao Concello.
-O mesmo día do desfile (5 DE MARZO) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.
O Concello ten previsto que tódolos/as participantes a nivel individual, como parella, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile (antes do 5 DE MARZO) reciban un agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.
BASES DO DESFILE “ANTROIDO 2011” EN XOVE
-DESFILE E PERCORRIDO.- O desfile vai ter lugar o SÁBADO, 5 DE MARZO ÁS 17:00 HORAS (5 da tarde). O PERCORRIDO do mesmo vai ser: saída do Campo de Fútbol, pasando por diante do IES Illa de Sarón e do Pedro Caselles ata sair á Avenida Deputación, continuamos pola Avda. Deputación ata desviarnos á dereita por Doutor Baamonde Illade, cortamos polo Camiño Real e chegamos ao Centro Cívico. Os/as participantes (carrozas, comparsas, grupos, etc.) durante o desfile só poderán ocupar un carril no desfile, dahí que a montaxe que presenten non pode exceder do ancho dun carril normal.
-INSCRICIÓN.- Hai que realizala en:
-Concello de Xove, oficina do Técnico de Cultura (horario de oficina de 8:30 a 15:00 horas) ata o venres 4 de marzo incluido.
-O mesmo día do desfile (5 de marzo) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.
-NORMAS DO DESFILE:
-A organización facilitará un dorsal a cada participante ou grupo de participantes, o cal será obrigatorio levar durante o Desfile para que o Xurado poida realizar a súa laboura con axilidade e comodidade. É importante gardar a orde de saída durante todo o desfile, deixando unha distancia prudente entre o anterior e o posterior.
-Prégase puntualidade a tódolos participantes co fin de facilitar a organización do Desfile; o retraso poderá ser causa de descalificación, sendo o Xurado o encargado de tomar este tipo de decisións.
-Poderanse levar animais ao Desfile sempre que non representen un perigo para o público e participantes; en ningún caso se permitirá ningún tipo de maltrato aos animais, podendo o Xurado tomar medidas ao respecto, mesmo descalificar.
-Cada participante será responsable dos danos que poida ocasionar a terceiras persoas.
-Sen renunciar á crítica e á sátira propias destas datas, a organización non permitirá representacións de carácter obsceno, que poidan ferir a sensibilidade dos espectadores, tendo en conta tamén que a estes desfiles, ademáis de ser actos totalmente públicos, soen acudir moitos nenos.
-ENTREGA DE PREMIOS.- O mesmo día do Desfile, no Pavillón de Deportes, nun descanso das orquestras, farase entrega aos gañadores (agás os individuais infantís) dun cheque-regalo que poderán facer efectivo nas dependencias do Concello (Tesourería Municipal) dentro do prazo dos 15 días seguintes ao da entrega. Non obstante, para a percepción do cheque-regalo será obrigatorio levar postos os disfraces. Os premios individuais infantís entregaranse nun descanso do Baile Infantil que se vai celebrar no Pavillón de Deportes.
-AGASALLOS: Tódolos/as participantes a nivel individual, como parella, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile (antes do 5 de marzo) recibirán un pequeno agasallo de parte da Organización. Os/as que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, dentro do Pavillón de Deportes, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización
A inscrición e participación neste Desfile implica a aceptación das presentes normas incluidas nestas Bases. A organización resérvase o dereito de calquer modificación que por forza maior se vira obrigada a efectuar.
CONCURSO “DESFILE ENTROIDO 2011” EN XOVE.
MODALIDADES DE PREMIOS (*).
CARROZAS:
1º Premio: 500
2º Premio: 300
3º Premio: 200
4º Premio: 100
COMPARSAS E GRUPOS DE MÁIS DE 4 PERSOAS:
1º Premio: 300
2º Premio: 250
3º Premio: 150
4º Premio: 80
PARELLAS E GRUPOS DE ATA 4 PERSOAS:
1º Premio: 110
2º Premio: 80
3º Premio: 50
4º Premio: 30
INDIVIDUAIS ADULTOS:
1º Premio: 60
2º Premio: 45
3º Premio: 30
4º Premio: 20
INDIVIDUAIS INFANTIL:
1º Premio: 40
2º Premio: 30
3º Premio: 20
4º Premio: 10
(*) Os premios son en contía líquida, a percibir polo gañador, aplicándose a retención do IRPF de 18% só cando o premio supere os 300 €uros, co que se vería afectado únicamente o 1º premio de carrozas.