Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta distribuíu 170 toneladas de sal para manter abertas as estradas provinciais da súa competencia

Nota de prensa:
O DISPOSITIVO POSTO EN MARCHA POLA XUNTA PARA O MANTEMENTO DA REDE DE ESTRADAS DISTRIBÚE 170 TONELADAS DE FUNDENTES PARA DEIXAR ABERTAS TODAS AS VÍAS DA SÚA COMPETENCIA NA PROVINCIA

* Un equipo de case 70 operarios e 13 máquinas quitaneves traballaron nas últimas horas para manter as condicións de vialidade nas estradas de titularidade autonómica en Lugo
* A alerta laranxa no mar obrigou a manter amarrada a toda a flota de baixura da comarca da Mariña, onde se rexistraron ventos cercanos aos 80 quilómetros por hora

Lugo, 17 de febreiro de 2011.- A Xunta distribuíu nas últimas horas 170 toneladas de fundentes e sal para manter abertas ao tráfico as vías provincias da súa competencia. Un equipo formado por preto de 70 operarios, traballou de xeito continuo durante a madrugada e as primeiras horas da mañá nos labores de limpeza e mantemento de estradas.

13 máquinas percorreron a estradas para retirar a neve que se acumulaba na calzada bloqueando o paso de vehículos. O xeo tamén complicou as condicións do tráfico en numerosos puntos. Dende o pasado martes, cando se produciu o brusco descenso das temperaturas, os camións de distribución levan estendido arredor de 400 toneladas de fundentes nas vías autonómicas de Lugo.

Despois dunha noite difícil para a circulación nas zonas de montaña, a primeiras horas de esta mañá só permanecían restrinxidas ao tráfico pesado tramos localizados das estradas LU-633 e LU-637 nos municipios de Pedrafita e Triacastela.

Polo que respecta á zona costeira, as choivas e o vento complicaron a situación na Mariña, onde se rexistraron rachas de ata 80 quilómetros por hora. A esta horas non se ten constancia de incidentes na costa lucense, onde a práctica totalidade da flota de baixura está amarrada.

O dispositivo posto en marcha pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no operativo especial de inverno de conservación e limpeza das estradas lucenses, supón un investimento de preto de un millón de euros.

As cifras da presente campaña revelan tamén que o plan alcanza á totalidade da rede viaria da Xunta na provincia, isto é, 1.500 quilómetros. Dúas empresas cobren este servizo, incluído nos respectivos contratos de conservación integral, para o que dispoñen, ademáis das 13 máquinas quitaneves referidas, de 11 silos estratéxicamente distribuídos.

Os silos de sal están situados no Corgo, Pedrafita, Xermade, A Pastoriza, Quiroga, Begonte, Castroverde, Chantada, O Incio e na Fonsagrada (2). Con este reparto, preténdese gañar en operatividade, chegando canto antes aos puntos que presenten dificultade para o tráfico, pero tamén procurar a eficiente distribución do material. A meirande parte dos silos teñen capacidade para 60 toneladas de sal, aínda que algúns poden acoller ata 100 toneladas.

Exit mobile version