Nota de prensa
A REDE DE MUSEOS DA DEPUTACIÓN PUBLICA POR PRIMEIRA VEZ A TRAVÉS DUNHA WEB AS MEMORIAS DOS MUSEOS DO MAR , PAZO DE TOR E MUSEO DE SAN PAIO DE NARLA EN FORMATO DIXITAL
Seguindo unha política de máxima transparencia na xestión, este ano dende a Xerencia da Rede Museística, dependente da Area de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, presentamos a memoria 2010 dos Museo Provincial do Mar de San Cibrao, Pazo de Tor e Museo Fortaleza San Paio de Narla en dous formatos, físico e dixital. Desta maneira todo aquel que o desexe pode consultala dende un ordenador. Pensamos que os usuarios deben saber como se xestionan os cartos investidos na Rede xa que son cartos que saen dos seus petos. Tamen e importante resaltar que a creación desta web esta feita con ferramentas gratuitas e que estan o alcance de todos.
A racionalización do gasto e a cooperación de todo o persoal deu como froito que cunha porcentaxe de orzamento teñamos:
– Ocultar texto citado –
Un correcto funcionamento e cumplimento estricto das funcións propias como museos.
A máxima calidade no servizo ofrecido aos nosos usuarios co minimo gasto.
http://www.wix.com/redemuseistica/memoria2010
A web estructurase en 9 seccións, algunha con subseccións, que son as seguintes:
1.- Inicio: Páxina principal. É a presentación da web. Hai tres seccións destacadas e un apartado para publicala no Facebook.
2.- Sobre Nós: Nesta seccíon explicase que é a Rede e como traballa.
3.- Programas: Dende aquí podese acceder ós diferentes programas da Rede. Tales como:
-Arquitectónico: Melloras nas instalacións.
-Coleccións: Novo material incorporado ós fondos dos museos.
-Acción cultural: Concertos, teatro, conferencias, cine, exposicións, presentacións…
-Didáctica: Obradoiros realizados este ano.
-Económico: Orzamentos e video explicativo dos orzamentos.
-Institucional: Así funciona a Rede.
-Persoal: Listado de persoal que traballa en tres dos museos da Rede.(San Paio de Narla, Museo Pazo de Tor, Museo do Mar)
-Conservación: Actuacións levadas a cabo nas pezas das nosas coleccións.
4.- Mediateca: Un repaso a nosa actividade audiovisual neste ano.
5.- Estatísticas: Un repaso ás estatísticas dos tres museos da Rede.
6.-Descargas: Unha sección con material para descargar referente a todo o que fixemos este ano.
7.- Destacado: Un breve resumo das cousas máis destacadas na Rede neste ano 2010.
8.- Memorias dos museos: Memorias individuais por museo que se poden consultar online.
9.- Contacto: Para todos aqueles que se queiran poñer en contacto con nós