Nota de prensa:
A PEGADA GALEGA IMPONSE Á CATALÁ (1-4)
A Selección Galega impúxose a Cataluña (1-4) no primeiro partido do Grupo II na final do Campionato Nacional Sub-19 en Segovia, vitoria á que o laranxa Manu contribuíu cun gol. Mañá, a partir das 13.00 horas, os irmandiños xogarán o pase á final, do domingo, ante Andalucía.
Enorme intensidade se viviu entre dous dos favoritos na competición. Os galegos puideron neutralizar a presión catalá nunha en gran xogada por banda de David, para despois asistir a Keita, que só tivo que empuxar á rede (minuto 10). Antonio asistiu de tacón a Diego (minuto 16) para facer o segundo, resultado co que se chegou ao descanso.
No reinicio, Galicia puxo o 0-3 (23) cunha xogada de estratexia nas zapatillas de David Pazos, antes de que Manu (26) fixera o cuarto. Os cataláns seguírono intentando, incluso con porteiro-xogador, e puideron reducir levemente as distancias, no minuto 39, e establecer o definitivo 1-4.
No Grupo I, Asturias caeu por 1-5 ante Valencia.
Ficha técnica
Galicia: Sergio, Diego, Toni, Ángel e David Pazos, no cinco inicial; tamén xogaron Alejandro, Adrián, Manuel, Keita e Antonio.
Cataluña: Joan, Arnau, Juanfra, Alex e Fran, no cinco inicial; tamén xogaron Lluc, Carles, Vallés, Roger e Yoel.
Goles: 0-1, minuto 10, Keita; 0-2, minuto 16, Diego; 0-3, minuto 23, David Pazos; 0-4, minuto 26, Manuel; 1-4, minuto 39, Fran