Site icon Crónica3.com A Mariña

A fundación TIC impulsa o traballo da asociación de Autónomas de Lugo cun vídeo sobre o seu labor

Nota de prensa:
A Fundación TIC impulsa o traballo da Asociación de Autónomas de Lugo cun vídeo promocional sobre o seu labor

– A Deputada de Economía, o Alcalde de Lugo e a Presidenta da Asociación de Autónomas de Lugo inauguran a exposición Noite Aberta, que recolle unha escolma de 20 fotografías sobre o evento celebrado en decembro

– Bolseiros da EIS participaron na realización do audiovisual que fai un repaso do acto organizado polo colectivo e no que participaron preto de 100 comercios do casco histórico da cidade

A Deputada de Economía, Regina Polín, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Presidenta da Asociación de Autónomas de Lugo, Nora Real, inauguraron este xoves a exposición Noite Aberta, coa que colaborou a Deputación a través da Fundación TIC e que recolle unha escolma de 20 fotografías tomadas polos alumnos da Escola de Arte e Deseño Ramón Falcón. Técnicos e bolseiros do organismo dependente da Deputación elaboraron o vídeo que foi proxectado no acto inaugural e que dá a coñecer o evento celebrado por primeira vez en Lugo no mes de decembro, e que consistiu nunha xornada na que comercios, museos e algunha galería retrasaron o seu horario de peche ata as doce da noite.

A Asociación de Autónomas puxo en marcha esta iniciativa co fin de estimular a actividade cultural e comercial da cidade. Os preto de 100 comercios do casco histórico que se sumaron á iniciativa ofreceron distintos promocións para estimular a participación. Deste xeito, algúns cambiaron o seu aspecto para distinguirse da actividade cotiá e contaron con bandas sonoras en directo e dj´s e formacións musicais que amenizaron a Noite Aberta. Asimesmo, o colectivo de autónomas pretende colgar o material gráfico nas redes sociais para divulgar na rede á iniciativa. A mostra permanecerá aberta o público ata o 11 de marzo na sala de exposicións do Uxío Novoneyra.

Outras colaboracións

Ademais da Asociación de Autónomas de Lugo, na actualidade, a Fundación TIC que depende da Deputación, mantén convenios de colaboración con outras 23 entidades sociais da provincia para difundir o seu labor sen ánimo de lucro.

Estas asociacións son: Escudería Miño, Agrupación Deportiva A Pinguela, Agrupación Deportiva Fefeme Triatlón, Clube Cidade de Lugo Fluvial, Clube Tenis de Mesa Dez Portas, Clube Deportivo Arco Muralla, Clube Natación Portamiñá, Clube Patíns Lóstregos Lucus, Clube San Fernando Lucus Caixa Rural Galega, Clube Ciclista Cidade de Lugo, Sociedade Deportiva Cultural Polvorín, Clube Emevé, Asociación Down Lugo, Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFALU), Asociación “Raiolas”, Fundación UNICEF, Asociación Lucense de Xordos (ALUSOR), Federación de Asociacións de Familiares de Enfermos Mentais (FEAFES), Asociación San Vicente de Paul, ANADE, ASPNAIS, Preescolar na Casa e Fundación Azkar.

A través destas colaboracións, a fundación cumpre con dous obxetivos: facer visible o traballo que desempeñan estas asociacións e facilitar a inserción laboral dos seus bolseiros coa súa participación en proxectos reais coma éste, a principal prioridade da institución.

Exit mobile version