Site icon Crónica3.com A Mariña

A Federación Rural Galega asegura que a Xunta pon en perigo o futuro de explotacións sustentables

Nota de prensa

FRUGA DENUNCIA QUE A XUNTA DE GALIZA PON EN PERIGO O FUTURO DAS EXPLOTACIÓNS SUSTENTABLES GALEGAS VINCULADAS AO C.E.S.

A Consellería do Medio Rural contradíse en pouco tempo sobre as solicitudes do CES aínda sen resolver

O Contrato de Explotación Sustentable (CES), enmárcase no Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia para o período 2007-2013, destinado a mellora do medio ambiente e do entorno rural e para o uso sostible das terras agrícolas. Inclúe diversas axudas dirixidas a remunerar aos agricultores polas funcións territoriais, sociais e ambientais que se derivan de determinados sistemas agrícolas e gandeiros, pretendendo tamén reforzar a sostibilidade das explotacións.

A Consellería do Medio Rural (CMR) difunde información contradictoria sobre as resolucións do CES 2010 Por un lado, nunha xuntanza á que se convocatoron ás entidades colaboradoras na tramitación da PAC os dia 21 e 24 de xaneiro, comunicábase por escrito “non seguir traballando na xustificación das novas solicitudes do CES tramitadas no 2010” polo que se entendia que non ia ser aprobada nengunha delas.

Por outro lado, despois dunha rolda de prensa convocada polo BNG no Parlamento de Galiza na que participaron afectados por esta situación e membros da FRUGA, o pasado venres dia 4 de febreiro na que se denunciou a falta de resolución das novas solicitudes do CES tramitadas no 2010, a CMR anunciou que serán “aprobadas o antes posible”

É inxustificable como as solicitudes do CES 2010 non están resoltas nove meses despois, especialmente tendo en conta que os compromisos ambientais das explotacións, cos gastos que estes conlevan, son de obrigado cumplimento desde a solicitude e que, finalmente, pode non estar aprobada.

Tamén, o Conselleiro do Medio Rural anuncionu onte de que neste mes de febreiro se faría o pago pendente do CES da campaña 2009. Respecto a estes atrasos, o señor conselleiro ten que saber que estes pagos xa deberan estar feitos fai tempo, de maneira que estamos falando de esperas para cobrar de case um ano desde a xustificación.

Esta desídia en facer efectivos os pagamentos comprometidos contrasta coa axilidade coa que se están a facer multitude de inspeccións nas explotacións con compromisos adquiridos no CES, que parece ser que o único que se pretende é o de perseguir ás explotacións sostibles galegas: por un lado demóranse moito os pagos das axudas aprobadas e xustificadas e por outro tratan de reducir os pagos a través de inspeccións.

Non entendemos cómo unhas axudas enfocadas a primar económicamente ás explotacións que decidiron dirixir o seu modelo productivo cara sistemas máis sustentables de produción e co medio ambiente, reducindo custos en piensos e fertilizantes, e primando os aproveitamentos forraxeiros como base da alimentación dos animais, non reciben o apoio preciso por parte da Consellería do Medio Rural. No contexto actual no que nos atopamos, co prezo dos cereais e dos combustibles á alza, consideramos que favorecer modelos productivos como os que defende o CES e fundamental para o mantemento da viabilidade económica de moitas explotacións galegas

Compre lembrar que é ainda mais incomprensible tendo en conta que o 57,56% destas axudas son financiadas por fondos comunitarios, e o 42,44% restante son completados con fondos da Xunta e do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Marino.

Exit mobile version