Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación afirma que as bases do plan Lugo Emprega foron respaldadas por 66 concellos

Nota de prensa:
A Deputación seguirá creando emprego a pesar do señor Barreiro e do Partido Popular

Con respecto ás declaracións do Presidente provincial do Partido Popular de Lugo, José Manuel Barreiro, sobre o Lugo Emprega, a Deputación quere manifestar o seguinte:

1º As bases do Plan Lugo Emprega foron aprobadas no Pleno da Deputación en decembro e respaldadas por 66 Concellos –todos os do PP agás o de Incio- que voluntariamente decidiron adherirse ó programa, a pesar de que José Manuel Barreiro ordeara votar en contra no Pleno provincial, polo que o respaldo e a legalidade das bases están fóra de toda dúbida.

2º A Deputación subraia que os tribunais dos exames están compostos por 10 reputados profesionais dos servizos provinciais, todos eles técnicos imparciais, e sen intervención política.

3º As declaracións do Presidente do Partido Popular poderían ser delitivas ó imputar conductas irregulares sobre o proceso selectivo.

4º Barreiro demostra tal descoñecemento sobre o Plan Lugo Emprega, tachando ós socialistas de beneficiarse co tribunal de Ribadeo, cando a Deputación nin sequera convocou o tribunal nin o proceso selectivo neste municipio, senón que o fixo o Concello tal e como ordeaban as bases, e aplicando exactamente o mesmo criterio en municipios como Vilalba, gobernado tamén polo PP.

5 º A Deputación recoméndalle ó señor Barreiro que gaste o mesmo esforzo que fai en desacreditar os plans de emprego provinciais en pedirlle á Xunta de Galicia, única administración responsable destas políticas na Comunidade, o seu primeiro plan de emprego para a provincia.

6º O señor Barreiro parece traicionarlle o subconsciente e confunde as actuacións en políticas de emprego actuais coas de tempos pasados na Deputación, polo que non debería de xogar cos postos de traballo das preto de 7.000 persoas que se presentaron ó Lugo Emprega.

6º A Deputación de Lugo seguirá creando emprego na provincia a pesar do señor Barreiro e do Partido Popular.

Exit mobile version