Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación mobiliza a 30 operarios e 15 máquinas para atender as incidencias por neve

Nota de prensa:
A Deputación mobiliza a 30 operarios e 15 máquinas para atender as incidencias por neve

– O dispositivo despregado polo servizo de Vias e Obras está a traballar ininterrumpidamente para restablecer ó tráfico canto antes as 9 estradas que nestes momentos permanecen pechadas pola cantidade de neve acumulada

– O longo da noite, o organismo provincial esparciu un total de 5 toneladas de sal, o que obrigou a rechear os saleiros de Pedraftia, Becerreá e A Fonsagrada

A Deputación mantén despregado dende onte un amplo dispositivo para atender as incidencias ocasionadas polo temporal de neve que está a afectar principalmente á zona da Montaña, e que se prevé que continúe nas vindeiras horas. En total, están a traballar 30 operarios e uns 15 vehículos para garantir a seguridade dos usuarios que circulen pola rede viaria provincial ó longo do día.

Os traballos céntranse fundamentalmente na retirada de neve que fixo un maior acto de presenza nos municipios de Pedrafita, Folgoso do Courel, Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Quiroga. Deste xeito, nestes momentos están pechadas ó tráfico 9 estradas da Deputación. As empresas encargadas da Conservación están a traballar ininterrumpidamente para restablecer a situación cantos antes, polo que xa se poderá circular por estas vías ó longo do día de hoxe. As vías que están cortadas son as seguintes: en Folgoso, as CPs 4501, que vai de Louzarela a Teixeira, 1303, de Seoane a Ferramulín, e 1304, de Mostad a Casares; na Fonsagrada, as estradas provinciais 3601 que enlaza este municipio co de Negueira de Muñiz, e a 1901 que comunica este Concello co de Navia de Suarana; en Negueira de Muñiz está pechada a CP 3601 que vai de Acebo a Asturias; en Pedrafita, a 4501, do Poio a Louzarela; e, en Quiroga, as CPs 5001 e 5004 que enlanzan Barreiro con Vilarbacú e Cruz de Outeiro con Ferramulín, respectivamente.

O longo da noite, o organismo provincial repartiu un total de 5 toneladas de sal, o que obrigou a rechear os saleiros de Pedrafita, Becerreá e A Fonsagrada. Tendo en conta as previsións meteorolóxicas, a Deputación manterá en alerta o dispositivo despregado para atender as incidencias por neve e xeo que poidan xurdir na rede viaria provincial. No caso de que fose necesario, tamén se disporá dos efectivos e das máquinas do Parque Móbil.

Exit mobile version