Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación contratará os aprobados do plan Lugo Emprega a pesar do alcalde de Lourenzá

Nota de prensa:
A Deputación contratará os aprobados de Lugo Emprega a pesar do Alcalde de Lourenzá

Con respecto ás declaracións do Alcalde de Lourenzá, Vidal Martínez Sierra, sobre o Lugo Emprega, a Deputación quere manifestar o seguinte:

1º As bases do Plan Lugo Emprega foron aprobadas no Pleno da Deputación en decembro e dende entrón non sufriron modificación algunha. O Alcalde de Lourenzá asinou o convenio coa Deputación, aceptando ditas bases, que agora, a catro días para que comecen a traballar as persoas seleccionadas, cualifica de electoralista e de falta de autonomía municipal.

2º No caso de incumprimento do convenio por parte do Concello de Lourenzá podería dar lugar á responsabilidades económicas e xurídicas por parte da entidade local ó verse afectados as persoas legalmente seleccionadas para traballar neste muncipio, así como a propia Deputación que investiu tempo e cartos no proceso selectivo e na financiación de dito plan.

3º A Deputación subraia que o tribunal dos exames está composto por reputados profesionais dos servizos provinciais, técnicos, unicamente técnicos, e sen intervención política.

4º. As declaracións do Alcalde de Lourenzá poderían ser delitivas ó imputar conductas irregulares sobre o proceso selectivo.

5º Por todo elo, a Deputación pídelle ó Alcalde deste municipio que recapacite e aproveite a oportunidade de ter a disposición do Concello 7 empregados sufragados ó 100% pola institución provincial e a disposición das necesidades dos veciños de Lourenzá que determine o goberno municipal.

6º A pesar dos cambios de opinión do Alcalde, a Deputación garantiza os postos de traballo ás persosas que superaron o proceso selectivo para Lourenzá.

Exit mobile version