Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación continúa a traballar para abrir a única estrada que permanece pechada por neve

Nota de prensa:
O dispositivo da Deputación continúa a traballar para abrir a única estrada que permanece pechada por neve

– Trátase da CP 4501, que vai do Poio a Meiraos, en Folgoso do Courel. Ademais, cómpre circular con precaución por outras catro vías de titularidade provincial deste municipio e do de Quiroga

– O Presidente explicou que na zona están a traballar máis de 20 vehículos e uns 50 operarios para garantir a seguridade dos usuarios que circulen pola rede viaria provincial ó longo do día

– Malia que os traballos se centran fundamentalmente na retirada de neve, nas últimas horas repartíronse 20 toneladas de sal

O amplo dispositivo despregado pola Deputación continúa a traballar ininterrumpidamente para abrir a única estrada que permanece pechada ó tráfico nestes momentos debido ó temporal de neve que afectou, principalmente, ós Concellos da Montaña. Trátase da 4501, que vai do Poio a Meiraos, en Folgoso do Courel. Asimesmo, o Presidente do organismo provincial, José Ramón Gómez Besteiro, explicou que cómpre circular con precaución por outras catro vías, 2 neste mesmo municipio (as que enlazan as localidades de Seonae con Ferramulín e Campa con Alto do Boi), e outras tantas no de Quiroga. Neste caso, son as estradas que enlazan os núcleos de Ponte Barreiro con Vilarbacú e Cruz de Outeiro con Ferramulín.

En total, están a traballar nas vías da Montaña máis de 20 vehículos e uns 50 operarios para garantir a seguridade dos usuarios que circulen pola rede viaria provincial ó longo do día. Malia que os traballos se centran fundamentalmente na retirada de neve, nas últimas horas repartíronse un total de 20 toneladas de sal.

A Deputación manterá en alerta o dispositivo despregado para atender as incidencias por neve e xeo que poidan xurdir na rede viaria provincial. No caso de que fose necesario, tamén se disporá dos efectivos e das máquinas do Parque Móbil.

Exit mobile version