A Deputación aumentará a obra pública e manterá máis de 80 empregos coa contratación de 15 obras nunha semana
-Estas actuacións, que teñen un investimento de 3 millóns de euros, beneficiarán ós veciños de oito Concellos
– Antonio Gato subliña que se corrabora o manifestado recentemente pola APEC sobre que todas as administracións, excepto a Deputación, aplicaron o tixereitazo nos seus investimentos
– En relación ás declaracións do Presidente da Xunta nas que afirmaba que non ten competencias en paro sinala: “Feijóo aparece abrumado, dá a impresión de que está aburrido, cansado, botando balóns fóra. Pero o caso é que a realidade é que medramos en desemprego máis que noutras Comunidades”
A Xunta de Goberno deste venres aprobou a licitación de novas actuacións por importe de 800.000 en Concellos de Monforte, Pantón, Quiroga e Guntín, que se suman ás 11 obras contratadas a semana pasada semana. Deste xeito, a Deputación contratou nunha semana 15 obras que beneficiarán ós veciños de 8 municipios e que ascenden a 3 millóns de euros. Para o voceiro provincial socialista, Antonio Gato Soengas, corrobórase o manifestado pola APEC en días pasados sobre que todas as administracións, excepto a Deputación, aplicaron o tixereitazo nos seus investimentos. “Chama a atención que Feijóo diga que non ten instrumentos pois claro que sí, a parte das competencias que das Consellerías de Traballo e de Economía. Hai un absoluto abandono da Xunta en obra pública. Veremos a ver cando teñamos ó señor Barreiro nun Pleno se defende estas declaracións do seu Presidente”. Neste senso, indicou que, pola contra, na Deputación xestionouse un plan sen precedentes na provincia e en Galicia como o Plan Extraordinario de Obra Pública de 60 millóns de euros, sen aumentar a débeda pública.
O pasado venres foron actuacións en Becerreá, Carballedo, Fonsagrada, Burela e Monforte de Lemos. Na sesión de hoxe deuse o visto e prace á reforma da distribución de instalación e supresión de barreiras arquitectónicas no interior do centro da terceira idade de Monforte de Lemos. O importe desta actuación, que se inclúe dentro do convenio de 1 millón de euros do Plan Extraordinario de Obra Pública, é de 349.962 euros. Dentro do canon aprobouse o acondicionamento do acceso á igrexa de Ferreira, en Pantón, por valor de 178.463 euros; a mellora do acceso a Trasdulfe e Pradedo de Abaixo, en Guntín, por importe de 84.168 euros; a mellora dos accesos, abastecemento de auga e saneamento en varios núcleos de Quiroga (160.685 euros). Segundo o reparto, o investimento que realiza a Deputación nestes tres Concellos con produción hidroeléctrica é 1,1 millón de euros.