Site icon Crónica3.com A Mariña

A delegación de Medio Ambiente ofrece varios sofás seminovos ás familias máis necesitadas de Ribadeo

A Delegación de Medio Ambiente informa que conta con cinco sofás de 3 prazas e 12 dunha praza seminovos para as familias máis necesitadas de Ribadeo. O edil Horacio Cupeiro sinalou que “fóronnos entregados por unha empresa. As persoas máis necesitadas que si lles poden valer poden solicitalos no Concello. Recoméndolles que se poñan en contacto coa delegación de Medio Ambiente e faremos a súa entrega por estrico orde de chamada”.

Exit mobile version