Nota de prensa:
O CONVOCA UNHA XUNTANZA O 21 DE FEBREIRO PARA FALAR DA CREACIÓN DA MESA LOCAL DE COMERCIO.
Burela, 11 de febreiro de 2011. A Delegación de Comercio convoca a todos os comerciantes da vila a unha xuntanza a celebrar o vindeiro 21 de febreiro ás 21 horas no Concello para falar da creación da mesa local de comercio.
José González Legazpi explica que “o parlamento galego aprobou o pasado 17 de decembro a lei de comercio interior de Galicia, que se publicou no DOG o 29 dese mes. Esta lei establece a creación da mesa local de comercio, en cada Concello existirá unha mesa destas características, que actuará coma un órgano colexiado de participación, coordinación, colaboración entre as administracións locais e os axentes representativos do sector comercial”.
O edil nacionalista asegura que “desde o Concello de Burela estamos a traballar para levar adiante o cumprimento desta norma e formarán parte desta mesa un representante de cada unha das asociacións locais de comerciantes e consumidores ademáis da administración local. Como en Burela non existe asociación de comerciantes a lei dispón para estes casos que se convoque aos comerciantes da vila a unha asamblea para elexir a un representante para esta mesa local de comercio”.
Legazpi anuncia que “dita reunión terá lugar o vindeiro 21 de febreiro ás nove da noite aquí no Concello. Informaremos a todo o sector de forma persoal e vía correo da celebración desta xuntanza”.