Site icon Crónica3.com A Mariña

A Comisión en Defensa da Sanidade Pública recorda que en Foz levan 20 anos pedindo melloras sanitarias


Nota de prensa

Os veciños concentraranse unha vez máis o sábado as 12 horas

Fai nestas datas 20 anos que empezaron as reclamacións de melloras sanitarias no concello de Foz.

Concretamente o Progreso do día 04 de Febreiro de 1991 recollía a noticia. Dicía o Progreso: O redor de 400 persoas concentráronse onte na explanada da Casa do Mar de Foz para participar nun acto festivo co fin de solicitar a cobertura de unha praza de pediatra, vacante no concello, e a creación de un Centro de Saúde, co fin de que os veciños poidan contar con un servizo de urxencias durante as 24 horas do día no propio Centro Médico.

O acto sírveo como remate da campaña de recollida de firmas, iniciada o pasado vinte de Decembro e que rematou cun balance de 2715 firm

as.

Por certo que no Progreso do día 20 de Febreiro de 1991 recollíase que xa fora cuberta a praza de pediatra de forma provisional por unha doutora dado o escaso de titulados en pediatría. Tamén recollía que a solicitude de posta en marcha do servizo que permitiría a atención médica os cidadáns durante as 24 horas do día no propio centro sanitario, estaba pendente da consulta que leva a cabo o Insalud co fin de que os médicos focenses se presten voluntariamente a cubrir as urxencias na Casa do Mar, onde se habilitaría uns locais para dito servizo.

De isto xa fai 20 anos. E aínda que o tango diga … “que 20 años no es nada”, son moitos anos cheos de desprezos e pro

mesas incumpridas para co pobo e os veciños de Foz.

Tamén son moitos os veciños que nos acompañaron nestas demandas o longo dos anos e que non poderán ver alcanzados os obxetivos por que xa non están con nos. Vai para eles o nosos recordo.

Nestes 20 anos fixéronse multitude de xestións, encerros, concentracións, manifestacións, etc. E aínda que o obxetivo final non foi acadado, si podemos dicir que se conseguiron cousas, algunhas das cales non se solicitaban expresamente. Os logros mais importantes que se acadaron foron:
– A construción dun Centro de Saúde.
– As urxencias médicas durante unha serie de horas nas que non se dispoñía.
– A implantación do servizo de odontoloxía e rehabilitación.
– Ser base de unha ambulancia medicalizada.

Como se pode ver as reivindicacións

non sempre caen en saco roto. E pouco a pouco vanse conseguindo obxetivos.

Agora mais que nunca debemos continuar xuntos e unidos a reclamar o servizo de urxencias que de forma inxusta lle foi negado a

Foz. Todos xuntos, sen desfalecer nin dar un paso atrás.

A Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública convida a todos os veciños a celebrar este 20 aniversario de reivindicacións asistindo a Concentración que este sábado as 12 horas faremos no lugar habitual.

Alí vos esperamos.

Exit mobile version