Site icon Crónica3.com A Mariña

A comisión das festas patronais de Burela organiza unha cea-baile de entroido no pavillón dos institutos

Nota de prensa

A COMISIÓN DAS FESTAS PATRONAIS DE BURELA ORGANIZA PARA O VENRES DÍA 4 DE MARZO UNHA CEA-BAILE DE ANTROIDO.

A Comisión das Festas Patronais de Burela convida a todos os veciños do noso pobo a participar na cea-baile que se vai celebrar o venres día 4 de marzo ás 22 horas no Pavillón dos Institutos.

O menú é un menú propiamente de Antroido cun cocido ben surtido e a un prezo de 22 € para os adultos e 10 € para os menores de 14 anos.

Durante a cea haberá sorteo de regalos e, ao final, baile para todo o mundo. Ao tratarse dunha data xa de pleno Antroido, convidamos aos asistentes a vir disfrazados, individualmente, en parellas, en grupos, en comparsas…

Os tickets para asistir a esta cea poderán adquirirse na Cervecería Kiko, na Cervecería O Trisquel, na Panadería Hucar e na Cafetería Vista Alegre.

Con esta iniciativa a Comisión das Festas Patronais pretende poñer en marcha unha actividade colectiva, na que participen todas as persoas que desexen disfrutar do Antroido, e que se consolide ano tras ano para ser un referente de comezo das festas do Antroido en Burela. Asimismo, con esta actividade tamén se pretende recaudar fondos para a organización das Festas Patronais 2011 que xa están en marcha.

Exit mobile version