Nota de prensa
A TODOS OS MEDIOS
Hoxe Luns 7 de febrero ás 20:00h. no local da CIG sito na Av. de Galiza, 20-1º dará comezo un curso de Auxiliar de Enfemería en Xeriatria en Ribadeo. Dito curso esta destinado a traballadores e traballadoras en activo e está organizado pola Confederación Intersindical Galega (CIG) a través da Fundación FORGA. Este é o primeiro curso que a CIG organiza en Ribadeo, pois até agora impartían cursos en aulas de Burela e Viveiro. Con esta acción formativa inaugurase a Aula que acabamos de preparar no local sindical de Ribadeo e coa que pretendemos extender a actividade formativa tamén á zona oriental da comarca. Con esta nova aula, a C.I.G. a través da Fundación FORGA conta con instalacións de formación en Burela, Viveiro e Ribadeo convertendose na primeira entidade de formación non regrada que cubre as tres áreas xeográficas da mariña, a área oriental, a área central e a área occidental.
Desde a CIG queremos facer este esforzo pois entendemos que a formación é un elemento básico e elemental nun momento moi difícil do mercado laboral, e pretendemos facilitar aos traballadores e traballadoras ao máximo a posibilidade de participar nas nosas accións formativas, que ademais están subvencionadas con fondos públicos. Esperamos que esta nova aula que vai comezar a funcionar hoxe en Ribadeo sirva para aumentar a demanda de formación na poboación da comarca.
Para rematar convidamos a todos e todas as veciñas da mariña a que se informen da nosa oferta formativa a través da páxina web www. forga .org, do teléfono 982581861 ou ben directamente nos locais da CIG na comarca.