SAIÑAS ORGANIZA A VIª FESTA DO LACÓN EN XOVE
Un ano máis, e xa van seis, a ASOCIACIÓN CULTURAL SAIÑAS organiza en Xove a “VIª FESTA DO LACÓN”, importante acontecemento cultural-gastronómico que se vai desenvolver o vindeiro SÁBADO 19 DE FEBREIRO A PARTIR DAS 8 DA TARDE NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE XOVE.
Este envento, o mesmo ca pasados anos, está aberto a todo o público en xeral, dahí que nos gustaría que ao mesmo acudira o maior número de persoas. Temos previstas sobor de 300 racións, que van ser elaboradas “in situ”, no Pavillón, dahí que vai ser unha boa e moi barata opción para cenar ese día, e degustar un menú tan típico noso, e tan típico das datas nas que nos encontramos, moi perto do Antroido.
A RACIÓN vai costar 7´5 €uros, e a mesma vai incluir: SOPA, PATACA, CHOURIZO, LACÓN, PAN E BEBIDA. Os tickets para as racións hai que mercalos o mesmo día da Festa, na entrada do Pavillón.
Co estómago ben cheo, unha vez rematada a LACONADA, e para alixeirar a dixestión, temos preparado para tódolos/as asistentes unha FESTA RACHADA con baile a tope coa DISCO MÓVIL PEGASO.
Pola noite, durante a Festa Rachada, as persoas que colleron o tícket da ración van disfrutar tamén dunha chocolatada, que se vai repartir pola medianoite.
As persoas que veñan disfrutar con nós, van disfrutar durante os intermedios da Disco Móvil de SORTEOS DE DIVERSOS PRODUCTOS.
Como organizadores deste evento, queremos tamén agradecer a colaboración de: Concello de Xove, ACIAM Xove, Catycris, Caroa Moda, Establecementos Rey, A Medela C.B., Restaurante Pulpería o Refugio e Cesáreo Eijo.