Nota de prensa
Alegacións regulamento participación cidada
Número 025 o anuncio polo que se somete a información pública o
Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ribadeo, aprobado
inicialmente polo Concello Pleno en sesión celebrada o 17 de xaneiro de
2011.
En representación de ATALAIA presentamos as seguintes
ALEGACIÓNS:
1) A maior parte do articulado do novo Regulamento limítase a reproducir
dereitos xa recoñecidos polo ordenamento xurídico vixente, polo que non
achega nada novo nin amplía NIN GARANTE QUE SE CUMPRAN ESES DEREITOS.
O artigo 12 refírese a subvencionar o Concello gastos xerais e actividades
que realicen as asociacións. Atalaia solicitou acceder ao expediente de
concesión das mesmas relativo ao ano 2009 e 2010 sen que se lle dese un
acceso que a Lei lle concede e que o principio de transparencia obriga a
mostrar. Que se subvencione só aquilo que tendo interese social e cultural
sexan de interese para Ribadeo e as súas xentes.
O artigo 4 di que no Concello funcionará un servizo de información, así
como un rexistro de instancias, queixas e reclamacións e entre as funcións
deste servizo: ?Informar os trámites administrativos polos que discorre cada
expediente municipal e realizar o oportuno seguimento.? Non imos estendernos
sobre os dereitos e deberes que a exposición de motivos (e a lexislación
vixente) contempla pero se queremos que conste que Atalaia en exercicio do
dereito que a Lei lle dá de obter copia de acordos municipais solicitou en
tempo e forma distintas certificacións e informes que pasa a detallar e que
á hora de presentar esta alegación non obtivo resposta:
a) Certificación da acta do Consello Sectorial da Muller de 2 de xullo do
2009 na que Atalaia propuxo e o Consello aprobou distintos puntos.
b) Dado que presentamos alegacións o 5 de agosto de 2010 á cesión
gratuíta e temporal de local a ACISA, publicado no BOP núm 175 de 2 de
agosto de 2010 solicitamos trasladásesenos informe sobre o estado en que se
atopa devandito expediente posto que desde esas datas o local está ocupado
pola Asociación de Comerciantes e a nosa alegación non foi resolta.
c) Non tivemos resposta á nosa petición de 16 de marzo de 2010 de se as
actas das Comisións informativas son públicas ante uns comentarios no blog
Ribadeando en marzo
do 2010 onde se incluian os votos da Comisión Informativa na que se tratou o
tema da Normativa Acústica.
d) O 7 de xullo de 2010, e de novo no mes de decembro, solicitamos ao Sr.
Alcalde unha entrevista para tratar distintos asuntos de interese veciñal
agradecendo unha colaboración que non existe
e) Esiximos o cumprimento de acordo plenario do 2009 dunha rúa para o Grupo
Saudade como recoñecemento e ferramenta de visualización da muller no
rueiro dun Concello no que existe unha Area de Igualdade, con Plan de
Igualdade aprobado en distintas ocasións.
Neste Regulamento que se pretende aprobar non aparece regulada a resposta
aos escritos presentados á administración, é dicir, que non opere o
silencio administrativo nas relacións entre os administrados e o concello
(escritos, reclamacións, solicitudes, licenzas…).
2) Este novo Regulamento, 21 anos despois do aprobado inicialmente e que non
foi posto en vigor, non dá resposta aos aspectos da participación cidadá
activa da vida de Ribadeo. O Consello de Relacións Veciñais “dotarase dun
regulamento de funcionamento”, e remítese ao Pleno o “poder acordar o
establecemento de Consellos Sectoriais e os seus futuros regulamentos
internos.
O Regulamento de participación cidadá aprobado en 1990 parécenos moito
máis completo que este que se presenta agora para a súa aprobación
definitiva xa que contempla a composición dos
Consellos Sectoriais, as súas funcións, a súa formación DANDO CABIDA A
TODA ASOCIACION, AGRUPACION VECIÑAL e á participación individual do
veciño á marxe das asociacións,
posto que é o instrumento que debe establecer a súa posta en marcha e
funcionamento, algo que non ocorre co aprobado polo Concello de Ribadeo no
mes de xaneiro. Calquera consello no que interveñan os veciños debe estar
integrado por todas as asociacións, organizacións existentes nesta Vila e
fomentar a participación individual. É dicir, este Regulamento debe
contemplar que o cidadán de forma individual ou asociada teña os mesmos
dereitos.
Tendo en conta os anteriores motivos e dado que o regulamento obxecto de
exposición pública non nos parece que responda as necesidades da
participación cidadá de Ribadeo
SOLICITAMOS:
* Que se teña en conta o exposto á hora da APROBACIÓN DEFINITIVA deste
novo Regulamento de Participación Cidadá e non se impoña un modelo
deseñado desde arriba, alleo ás necesidades reais dos cidadáns e elaborado
sen contar coa participación dos mesmos
Que os órganos de participación que contemple o Regulamento contemplen a
toda asociación, agrupación, cidadán SEGUINDO As PAUTAS QUE SE SINALAN NA
EXPOSICION DE MOTIVOS DESTE REGULAMENTO OBXECTO DE ALEGACION
Que fixe o modelo de funcionamento dos devanditos órganos (ben pode servir o
Regulamento do Consello Sectorial da Muller existente como modelo sempre
que se cumpra o nel regulado á hora do funcionamento (cousa que agora non
ocorre) e o Regulamento de Participación aprobado en 1990) e mentres non se
aprobe un Regulamento consesuado e que responda as necesidades reais de
Ribadeo, e para todo isto póñase en marcha un Consello aberto a toda
organización, asociación, cidadán cun calendario de reunións a efectos de
que o pobo poida participar de forma real.
O obxecto deste Regulamento é regular as formas, medios e procedementos de
participación das veciñas e veciños na xestión municipal, tanto
individualmente como a través de entidades cidadás, todos temos dereito a
servizos públicos de competencia municipal, información, resposta aos nosos
escritos (fixando o prazo de resposta ou declarandolos inadmisibles),
demandas,audiencia pública, iniciativa-consulta popular, intervención nos
plenos e o Regulamento debe conter os procedementos para que todos estes
dereitos sexan feitos.
Para canalizar a atención á cidadanía debe existir unha oficina, un
departamento, unha Comisión, Concellaría…un órgano municicipal que nos
atenda, infórmenos e crear unha Caixa de correos de Queixas e Suxestións
dependente da Alcaldía.
A Directiva de Servizos Europea facilita e simplifica as relacións entre a
Administraci´n e o cidadán polo que pedimos ao Concello de Ribadeo adapte
os seus procedementos a esta Directiva posibilitando e simplificando ao
máximo as xestións
O que se pretende aprobar similar en todo ao existente en Santiago de
Compostela aprobado en 1998 e que se complementa con varias disposicións
aprobadas en anos posteriores. É dicir 8 anos antes Ribadeo contaba con
Regulamento de Participación que non se puxo en marcha e agora preténdese
que volvamos retroceder. Desde Atalaia pedimos un avance consensuado e
atendendo ás necesidades dos veciños, de organización adminsitrativa e do
concello de Ribadeo