Nota de prensa
A Sociedade Cultural Ledicia prepara varios cursos monográficos relacionados con técnicas de decoración e/ou manualidades.
Serán de carácter intensivo cunha duración de 4 horas a desenvolver sábados ou domingos pola tarde, para facilitar a participación a persoas que por cuestións de horario laboral non teñen oportunidade de participar nos cursos que se desenvolven durante a semana.
O domingo 20 de febreiro teremos o curso de CARTONAXE, técnica de decoración e construcción de pezas con cartón e papel como materias básicas. Durante as catro horas de clase, as persoas participantes realizarán unha peza sinxela para coñecer a técnica de traballo e observar os resultados.
Horario previsto: 16:30 h. a 20:30 h
Custe aproximado: entre 30 e 35 € (dependendo do nº de participantes)
Prazo de inscripción: ate o xoves 17 de febreiro, no local social de Ledicia ou no telf. 616 99 50 97
Monitora do curso: Mª José Vilar