Nota de prensa
LLANO SUBLIÑA QUE 220 PERSOAS SE PRESENTARON PARA OPTAR ÁS 22 PRAZAS QUE OFERTA O CONCELLO A TRAVÉS DO PLAN LUGO EMPREGA.
Burela, 7 de febreiro de 2011. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, subliña que “un total de 220 persoas se presentaron para optar ás 22 prazas que oferta o Concello a través do plan Lugo Emprega, posto en marcha pola Deputación”.
O rexedor sinala que “fixemos unha oferta variada de postos de traballo, de aí a grande demanda que se estivo a rexistrar. Agora os aspirantes deben estar atentos porque nas vindeiras horas faránse públicas as listas, o lugar e as datas de celebración dos exames, ademáis disporán duns días para a presentación das reclamacións que consideren oportunas”.
Llano agarda que “o 1 de marzo esas 22 persoas comecen a traballar xa en Burela”.