Este Campionato, organizado polo Centro Social de San Isidoro de Monte comezou en novembro pasado, rematando a mediados deste mes de febreiro, e realizándose a entrega de Trofeos o pasado venres 18 de febreiro, nun acto ao que asistiu o alcalde Demetrio Salgueiro. Quedaron campións: Carlos e Milucho; subcampións: Severino e Pedro e terceiros: Jose Montenegro e Andrés. Os participantes gardaron un minuto de silencio por Servando Corvelle, un dos gañadores da edición pasada que faleceu. Rematou o campionato cunha cena de confraternidade. O Centro Social de Monte agradece a participación e a colaboración do Concello de Xove.