Este Campionato, organizado polo Centro Social de San Isidoro de Monte comezou en novembro pasado, rematando a mediados deste mes de febreiro, e realizándose a entrega de Trofeos o pasado venres 18 de febreiro, nun acto ao que asistiu o alcalde Demetrio Salgueiro. Quedaron campións: Carlos e Milucho; subcampións: Severino e Pedro e terceiros: Jose Montenegro e Andrés. Os participantes gardaron un minuto de silencio por Servando Corvelle, un dos gañadores da edición pasada que faleceu. Rematou o campionato cunha cena de confraternidade. O Centro Social de Monte agradece a participación e a colaboración do Concello de Xove.
12 parellas competiron no campionato de tute do centro social de monte en Xove
12 parellas competiron no campionato de tute do centro social de monte en Xove
Relacionado
-
Este pasado domingo, 17 de novembro, tivo lugar a tradicional comida próxima ó Nadal da Peña Deportivista de Burela
-
A Deputada Carmela López participou este mércores en Viveiro na inauguración da exposición Celeiro: 100 anos de tradición pesqueira, acto central do centenario da Confraría de Pescadores Santiago Apóstol
-
O Festival Independente de Vilalba (FIV) celebrará a súa 18ª edición os vindeiros 25 e 26 de abril de 2025, consolidándose como un dos festivais máis importantes do panorama indie en Galicia