Site icon Crónica3.com A Mariña

1.000 persoas realizan probas de selección para o Consorcio Provincial de Bombeiros

Nota de prensa

1.000 persoas realizan as probas de selección para os postos de emprego do Consorcio Provincial de Bombeiros

– Deputación de Lugo e Consellería de Presidencia aumentan a 104 as prazas nas instalacións contraincendios de Sarria, Chantada, Barreiros, Viveiro e Vilalba

– A comezos da vindeira semana publicaranse os resultados dos exames físicos e teóricos, e comunicarase a data das entrevistas persoais

– Dende o 23 de febreiro ó 26 de abril formarase ó persoal para que esté a pleno rendemento o 1 de maio; día da posta en marcha dos parques acordada polo Consorcio

1.000 persoas realizan esta fin de semana as probas de selección para a oferta de emprego do Consorcio Provincial de Bombeiros. O organismo, integrado pola Deputación de Lugo e a Consellería de Presidencia, ofrece un total de 104 prazas de bombeiros nas instalacións contraincendios de Sarria, Chantada, Barreiros, Viveiro e Vilalba. Isto supón, un incremento de 9 postos de traballo con respecto á previsión inicial co obxectivo, tal e como se comprometeu o Consorcio, de reforzar a cobertura anti-incendios cara o 100% da provincial lucense.

Este sábado, o pavillón universitario de Lugo convocou ós 415 aspirantes para as prazas laborais nos parques de Sarria e Chantada. Asimesmo, outras 550 persoas que optan ós postos de traballo nas instalacións de Viveiro, Barreiros e Vilalba reuníronse na sede de INEF en Bastiagueiro, A Coruña. Entre hoxe e o domingo, os participantes no proceso de selección realizarán tanto as probas físicas (subida por corda, press de banda, 100 metros lisos, salto de lonxitude..) como as teóricas (exames psicolóxicos e sobre coñecementos xerais relativos á profesión).

A comezos da vindeira semana publicarase o resultado destas primeiras probas nas páxina web do Consorcio www.salvamentolugo.org, así como nos portais das adxudicatarias: www.veicar.es e www.natutecnia.com. Ademais, comunicarase a data da seguinte proba: a entrevista persoal. Dende o 23 de febreiro e ata o 26 de abril, os novos traballadores recibirá máis de 400 horas de formación para que o persoal, tal e como acordou o organismo, esté a pleno rendemento o 1 de maio.

Exit mobile version