Site icon Crónica3.com A Mariña

¡Pero que mal gasta os cartos o Estado!

Ducias de organismos duplicados: defensores do pobo, órganos consultivos, tribunais de contas, tribunais de defensa da competencia, axencias de protección de datos, axencias meteorolóxicas, coma se a atmosfera se puidese parcelar.

100.000 normas económicas en vigor, entre leis, regulamentos e disposicións que, aparte do descoido xeral para calquera empresario que queira tomar unha decisión en calquera parte do territorio español, obstaculizan a liberdade de mercado.
Algunhas comunidades autónomas posúen dúas e ata tres canles de televisión que emiten unhas perdas de 1.600 millóns de euros (datos de 2008). Saca a calculadora, divide: 108 euros por fogar.

A proliferación de fundacións e empresas públicas. Do ano 2003 ao 2008 España pasou de 163 fundacións públicas a 541. A maior parte delas (344) son fundacións autonómicas. Segundo a Intervención Xeral do Estado, esas empresas e entidades con forma de fundación teñen unha débeda viva de máis de 44.000 millóns de euros, que subirán a 55.000 este ano.

Aínda que as comparacións sexan odiosas, tamén son útiles. Andalucía ten 20.000 traballadores en 54 empresas para xestionar un orzamento de 5.000 millóns de euros mentres a Seguridade Social, cos mesmos traballadores e unha nómina inferior a 500 millóns de euros xestiona un orzamento de 101.878 millóns de euros.

¿racionalidade e eficiencia? No sector público administrativo e empresarial español si se puxeran en funcionamento a aplicación dos criterios da UE acordados en Maastricht reportaría un aforro de 26.108 millóns de euros nos capítulos de persoal e gasto corrente sen mingua das prestacións aos cidadáns.

A cantidade estimada representa o 2,6% do PIB español e é 11.000 millóns superior á redución do déficit que ordenou por decreto en presidente Rodríguez Zapatero reducindo o soldo dos empregados públicos, as partidas para a dependencia, eliminando o cheque-bebé, conxelando as pensións e restando investimentos públicos e diñeiro á cooperación.
Otero Regal

Exit mobile version