A asociación de veciños O Vencello, de Burela, di que pide autorización para “levar adiante como se facía en tempos dos nosos avós” o arranxo do acceso a Burela polo Perdouro. Nesta zona existe na estrada unha ponte que se derrubou en parte no mes de marzo do ano pasado e dende entón permanece sen amañar. O Vencello asegura que “esta asociación pídelle autorización á Deputación e ao concello de Burela” para acometer o arranxo do Perdouro “mediante a modalidade de prestación persoal” e recoñece que “voluntarios xa temos, ferramentas tamén, o que nos falta é material, pero conseguirémolo”.