Nota de prensa:
SEGUNDA E TERCEIRA PRAZA PARA OS PREBENXAMÍNS EN FOZ
Os Prebenxamíns A e B da ED EON Burela FS fixéronse coa segunda e terceira praza das súas respectivas competicións no II Torneo de Reis ‘AD Santiago de Foz’ o venres pasado.
O Prebenxamín A venceu o ED Cervo (6-0) e o EF Viveiro (7-1) e empatou co Santiago de Foz (1-1) e Praia de Covas (0-0). Os máis pequenos, do Prebenxamín B, tamén realizaron un bo papel, cunha vitoria (EF Viveiro 4-0) e dúas derrotas (Praia de Covas 8-2 e Santiago de Foz 3-4).
No Vicedo, os representantes laranxas conseguiron impoñerse nos dous enfrontamentos cos anfitrións, o Prebenxamín A por 0-10 e o Benxamín A por 1-5.
Outros resultados da fin de semana:
Liga Nacional Xuvenil
Burela FS 2-1 Autos Lobelle FS
Liga Autonómica Infantil
ED EON Burela FS 4-3 Hércules FS