Nota de prensa:
O Concelleiro abaixo firmante, Guillermo Leal Arias, portavoz-representante do GRUPO DE CONCELLEIROS NON ADSCRITOS NO CONCELLO DE VIVEIRO,
EXPÓN:
Que ao amparo do disposto no art. 35 da LEI DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN; no art. 77 da LEI REGULADORA DE BASES DE RÉXIME LOCAL, LEI 7/1985 de 2 de abril; no texto refundido das disposicións legais vigentes en materia de réxime local aprobado por R.D. 781 7 86, de 18 de abril e dos atrs. 14, 15 e 16 do reglamento de organización, funcionamento e réxime xurídico da entidades locais, aprobado por R.D. 2568/86, de 28 de novembro e demais normativa legal procedente e que resulte aplicable, realiza as seguintes:
PREGUNTAS
1.- Despois de tantos anuncios sobre a apertura, ¿Ten algunha noticia o equipo de goberno sobre cando se vai abrir o xeriatrico de Viveiro?.
2.- A obra do paseo marítimo de fachada a altura do hotel Orfeo, que cando se reparou o paseo quedou pendiente do derribo do cine quedou sin facer, escomenzou hai mais dun mes e na actualidade esta de novo parada, ¿Por qué esta de novo parada?, ¿Vaise rematar en breve?.
3.- Según a prensa local, neste mes de xaneiro a entidade Portos de Galicia reiniciou o expediente de caducidade do porto deportivo de Viveiro, un capitulo máis desta culebrón, ¿Ten constancia oficial o Concello deste feito?, ¿Fixéronse alegación ó respecto?, si e asi, ¿Foron contestadas polo ente?.
4.- Fai uns días asinouse un convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Delegada en Lugo e varias confrarías de pescadores da mariña lucense. Un dos ámbitos do convenio ia adicado a mellora nas condicións para a mellorar as xestións das zonas de producción dos bancos naturais de marisqueo, con accións como a elaboración de plans de explotación e a elaboración dos proxectos de rexeneración nas zonas de producción, ¿Poderíase solicitar de cara a vindeiros convenios para a rexenercion dos bancos marisqueiros nas prais de Covas e Area?
5.- Varios usuarios da ORA queixanse de que fai tempo algunha das maquinas expendedoras dos tikects no funcionan, tendose que deprazar a outra, ¿cal e motivo por qué non se arreglan ditas maquinas?.
6.- En varias ocasión solicitamolle o equipo de goberno, varios arranxos de pistas no concello, entre as que se atopaba a do lugar de Taravelos na parroquia de Chavín, e que a esta data sigue na mesma situación de desfeita, ¿Cando se vai proceder a súa reparación?
ROGOS
1.- Rogamos que se faigan todas as xestións oportunas ante a Xefatura Provincial de Trafico e a Conselleria de Politica Territoral da Xunta de Galicia para que canto antes volten a marcar a liña discontinua no cruce da carretera comarcal 642 coa intersección da antigua carretera de Viveiro a Ribadeo (polo pirixel) no barrio do Plantio en Celeiro, dado que coa liña continua pintada actual un vehiculo que veña en dirección a Viveiro non pode atravesar para vir por terceras nin un que veña de Viveiro pola carretera citada antigua de Viveiro-Ribadeo, non podería coller para Viveiro nese cruce.
2.- Viveiro como cabeceira de comarca non conta cun servicio de autobús que pase pola vila para desprazarse por exemplo a Madrid, dado que para coller o intercar hay que desprazarse ben a San Cosme de Barreiros ou Vilalba. Rogamos se fagan as xestión oportunas dende o Concello para que poda haber una das liñas que pase pola noso concello para favorecer os desprazamemtos dos viaxeiros.
3.- Na parroquia de Landrove, existen varios viales que necesitan ser arranxados, que son os seguintes:
– de Igrexa, Barrio a Pedrouzos
– Calvario a Portociño de Abaixo
– Cristo a Portociño de Arriba
ROGAMOS o equipo de goberno tome nota, e proceda a reparar os mesmos a maior brevidade posible.