Site icon Crónica3.com A Mariña

Resultados desiguais da Selección A Mariña de fútbol sala, dependendo das catagorías

Nota de prensa:

Tarde de lágrimas en Xove para os rapaces da Selección A Mariña de fútbol sala, sobre todo, para os mais pequenos. Despois da disputa dos partidos contra Ferrol, a selección só foi quen de meter o equipo infantil na segunda fase, algo que xa case tiña asegurado pois só necesitaba perder por menos de sete goles. No resto de categorías non houbo sorte e os rapaces deberán esperar ó ano que ven para seguir a competir no campionato galego de seleccións locais. Os benxamíns e alevíns, que contaban con moitas posibilidades de clasificación, levaronse os mirandes disgustos do día, tras empatar e perder respectivamente. O cadro cadete sumou a súa segunda derrota en dous partidos despois de caer fronte ó combinado de Ferrol por 4-1, coas dúas seleccións xa eliminadas.
Comezou a sesión de tarde co debút do benxamíns ás 17:00h. no que os rapaces dirixidos por laurentino Brenan non foron quen de aproveitar as numerosas ocasións das que dispuxeron e empataron a dous goles, obra de Miguel González do Praia de Covas e Jorge Insúa do Cidade de Viveiro. A mala sorte dende o punto de penalti fixo que os pequenos mariñáns non lograsen a ansiada clasificación para a fase final.

De seguiso chegou o segundo partido no que a Selección da Mariña alevín non foi quen de impoñerse ao combinado ferrolán, a pesar de chegar con ventaxa de tres goles a dous ao descando. O cansanzo físico condenounos na segunda metade a acabron perdendo o encontro por tres goles a catro.

Fran Rolle do Cidade de Viveiro e Pablo López e Manuel Vázquez das ED Lourenzá con cadanseu gol foron os goleadores do combinado mariñán.

A continuación saltaban á pista os infantiles. O combinado dirixido polo focense Christian Gómez Fustes impuxose por cinco goles a tres á Selección de Ferrol, con goles catro goles Javier Fraga e outro de Jorge Pernas ámbolos dous pertencentes ao Cidade de Viveiro.

A tarde rematou co encontro na categoría cadete no que os discípulos de Emilio González “Melu”, voltaron a colleitar outra derrota por un gol a catro ante un rival que se amosou moi superior dende o principio e que soubo bo aproveitar as ocasións das que dispuxo e no que os rapaces mariñáns non foron quen de perforar a portería contraria a pesar de dispor de varias ocasións para conseguilo. O gol do combinado mariñán foi obra de Rubén Fernández do ED Barreiros.

O vindeiro Domingo 30-1-2011 na localidade de Viveiro disputarase por primeira vez na nosa comarca a Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Locais no que as catro mellores seleccións de cada categoría se disputarán o título. A Selección A Mariña de Fútbol Sala acudirá co seu combinado infantil, co obxectivo de traer por primeira vez o título para A Mariña.

Exit mobile version