Nota de prensa:
O GMPP reitera a ausencia de policía municipal durante as festas de Nadal.
Un atestado dun accidente tivo que facerse para o día seguinte por ausencia de policía local.
Os populares pídenlle ó alcalde que non engane ós cidadáns.
O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela reiterou hoxe as súas afirmacións sobre a desorganización da policía local burelesa durante as festas de Nadal, engadindo máis datos que a xuizo dos populares corroboran o manifestado e que poñen en entredito a capacidade do alcalde para decir a verdade.
Os casos que cita o PP son elocuentes: existe un escrito no rexistro do concello cunha denuncia dunha veciña da zona de O Campón que solicitou a presencia da policía municipal durante unha madrugada do fin de semana de entrada de ano para que se lle realizara unha medición de ruído ocasionado por un local nocturno; pois ben, o policía que atende o telefono dille á veciña que non pode ir porque está el solo de turno, cando os fins de semana habitualmente hai dous policías municipais polas noites.
Outro caso: o alcalde asina escritos a determinados veciños para comunicarlles día e hora no que se vai a proceder a realizar unha serie de medicións de ruídos en certos pisos a raiz dunha orde xudicial. Tal medición non se puído facer porque nese turno non había nin un só policía de servicio.
Terceiro caso: durante estas festas de Nadal, prodúcese un accidente de tráfico no casco urbano de Burela. Os implicados chaman á policía municipal, que non contesta; á vista da ausencia de resposta, chaman á Guardia Civil, que lles indica que segundo o estipulado na lexislación vixente eles non podem levantar atestados de accidentes de tráfico no casco urbano. O atestado tén que agardar para a mañán do día seguinte, agora si coa presencia dun membro da policía local. Esta situación deuse alomenos outra vez máis durante estas festas de Nadal.
Cuarto caso: o pasado martes, día once, no turno de mañán, non había nin un só policía de servicio.
Para os populares, a conclusión é evidente: unha de tres, ou o alcalde non se entera; ou o alcalde engana á xente, ou como non se entera de nada pretende enganar á xente.
Os populares consideran que o camiño máis corto que tén o alcalde é recoñecer o que é evidente, e que coñecen todos os veciños e veciñas deste concello: que durante estas festas, e ainda agora, hai turnos da policía municipal que non se cumplen ou están incompletos, e que non se levou a cabo ningunha reestructuración do servicio polo pasotismo do alcalde, que non quere recoñecer, insistimos, o que é evidente. Ninguén lle nega ós funcionários e traballadores o seu dereito a estar de baixa, solo faltaría, nin a disfrutar dos días libres que legalmente lles poidan corresponder. Pero o que si é innegable é a incapacidade do alcalde para organizar os turnos da policía local de forma e maneira que se atendan debidamente aqueles turnos que se consideran máis sensibles, ainda que outros, os menos complexos, poideran quedar vacíos.
E Burela non se merece un alcalde que engana, que pretende escapar da realidade e que é absolutamente incapaz de asumir ningunha das súas responsabilidades: a culpa sempre é dos demais, nunca del.