Os Reis Magos chegarán ao centro social de San Cosme o vindeiro mércores a partires das sete e media da tarde para facer as delicias dos máis pequenos. A esa hora terá lugar tamén a apertura ao público do nacemento vivente. Desde o Concello agradécenlles aos veciños a súa colaboración para levalo adiante. E o 6 de xaneiro celebraráse o II Concerto de Reis a partires das sete da tarde no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, un evento no que participarán a Coral de Pastoriza, a Coral Polifónica de Foz e a Coral Polifónica de Barreiros. A entrada é libre e gratuita. Esta actividade está organizada pola Coral Polifónica de Barreiros e polo Concellería de Cultura.
Cabalgata e II Concerto de Reis en Barreiros
Cabalgata e II Concerto de Reis en Barreiros
Relacionado
-
Traballadores de Alcoa cortan a A-8 na ponte dos Santos
-
O Museo Provincial de Lugo acolleu este venres a presentación do libro “Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”, número 21 da serie “Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos” (Editorial CSIC)
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo