Site icon Crónica3.com A Mariña

Queixase o PP de Burela de que “Con dous policías de baixa, o alcalde non reestruturou as quendas durante o Nadal”

NOTA DE PRENSA

O GMPP afirma que o alcalde non cumple coas súas obrigas en materia de Policía Municipal .

Con dous policías de baixa, o alcalde non reestructurou os turnos durante o Nadal.

Os populares aseguran que quedaron turnos “fundamentais” con un ou ningún policía.

O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela afrimou hoxe a través dunha nota de prensa que o alcalde “é incapaz de cumplir coas súas obrigas en materia de policía municipal, xa que durante os días de Nadal deuse un descontrol absoluto no funcionamento da policía local, xa que, habendo dous axentes de baixa, o alcalde optou por mirar para outro lado, co que houbo turnos fundamentais que non se cubriron ou nos que houbo un só axente”.

Os populares, que lle lembran ó alcalde que el e ninguén máis é a máxima  autoridade dentro do corpo da Policía Local e que os funcionarios non son responsables de nada do que está a pasar,  aseguran que “algunha noite de venres a sábado e de sábado a domingo só houbo un policía de garda, e en algún caso ningún, e todos sabemos que estes fins de semana son os de máis saídas nocturnas”. Igualmente, “o pasado venres día sete, día de mercado, pola mañán só houbo un policía local de servicio, que bastante fixo con atender un par de accidentes”.

Os populares consideran que non pode haber ningún turno considerado “sensible” que non conte con dous axentes de servicio, especialmente en datas sinaladas, como as noites de fin de semana, e os venres pola mañán, especialmente complexo polo mercado. Os populares afirman que os que antes nos criticaban a nós, cando gobernamos, son os que agora non poñen ningunha solución.

Desde o GMPP afirman que a policía local conta agora con dous axentes máis ca en maio de 2007, co que debería de ser máis doado a súa organización, ainda con dous axentes de baixa. Sabemos que non é doado facer unha reestructuración de turnos, pero sería preferible eliminar os turnos de algunhas tardes, para cubrir as noites de fin de semana axeitadamente e as mañáns, nas que sempre hai máis tráfico especialmente os venres.

Polo contra, e como mostra da incapacidade organizativa do alcalde, os populares manifestaron que este autorizou que nada menos que oito axentes se personasen a facer medicións nun local nocturno por orden xudicial, cando con dous axentes sería máis ca suficiente.

Os concelleiros do PP lembran que “na conducta do alcalde sobre estes e outros asuntos chove sobre mollado, pero sobre este con certas doses de cinismo. Hai uns meses, ante un problema desta naturaleza, asegurou sen poñerse colorado que a reestructuración dos turnos da policía local era cousa exclusiva da policía. Igualmente, cando se lle solicitou por escrito o cadrante de turnos de 2009, non tivo tampouco pasarnos o cadrante de 2006, asinado polo alcalde por González Barcia, afirmando que era o que estaba en vigor, o cal é materialmente imposible”. Queremos reiterar que a responsabilidade é exclusiva do alcalde, dado que os funcionários fan o que se lles manda, e quen manda é o alcalde, lle guste ou non.

Os populares, que aseguran que non fixeron públicas durante as festas de Nadal as carencias dos turnos para non crear malestar nin alarma na poboación, e para que logo non se diga que o PP xenera crispación, solicitará por escrito acceso ó libro de rexistro diario de incidencias da Policía Local, libro que tén carácter público.

En Burela, a dez de xaneiro de dous mil once.

Exit mobile version