O PP constata que desde o concello non se axuda ás asociacións.
Os populares consideran “urxente” recuperar as subvencións directas ós colectivos.
A política do alcalde para axudar ás asociacións é clientelar, afirman.
O Partido Popular de Burela mantivo onte, venres, e hoxe, sábado, reunións con diversos colectivos, entre eles a Confraría de Semana Santa, a Coral, Xuntanza e Buril, coa intención de coñecer a realidade interior das asociacións, ver as súas necesidades e facer propostas para mellorar o seu funcionamento.
Os populares constataron por enésima vez que a precariedade económica está a causar serios problemas ós colectivos para levar a cabo a súa actividade. Eso, unido á falla de subvenciòns nominativas directas por parte do concello, está a ocasionar problemas de liquidez nas asociacións e mesmo cuestionarse a realización de certas actividades por parte das mesmas.
O PP considera que “é urxente que o concello recupere a concesión de subvencións nominativas ós colectivos sociais e culturais, para poder garantir unha eficacia mínima no funcionamento dos mesmos, e liberalos da “peregrinación” ó concello cada vez que queren facer algunha actividade para pedir cartos, o que está a convertir a política do bipartito neste campo nunha política claramente clientelar: ‘hai que vir pedir, porque de non ser así non damos’, e logo ocurre o que ocurre, que hai cartos para alguns e para outros non”.
Os populares reafírmanse no criterio que veñen mantendo: hai derroche, hai despilfarro, e non hai igualdade de trato para os colectivos. Páganse mil euros por dous pasarrúas a certo colectivo, páganse facturas de actividades de certas asociacións, e a outras non lles dá absolutamente nada. Esta discriminación reafirma, según os populares, o carácter clientelar e caciquil da política de axudas ós colectivos.
O PP lembra que PSOE e BNG pedían no seu día, co PP no goberno municipal, que as subvencións fosen públicas, e que se abrira un proceso público de concesión das mesmas. “Teñen tal carga de cinismo que en só un ano se cargaron as axudas directas ós colectivos, deixaron a todos eles sin tales axudas e pasaron a realizar unha política de ter que poñerse de xionllos para ter axuda do concello: unha vergoña que o PP pretende evitar”.