Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro e Xove acollen a fase final do Campionato de Seleccións Locais e FS

Nota de prensa

ANTONIO VEIGA PARTICIPOU NA PRESENTACIÓN DA FASE FINAL DO CAMPIONATO DE SELECCIÓNS LOCAIS EN VIVEIRO

O campionato celebrarase o vindeiro domingo día 30, no pavillón municipal de Xove, e no municipal e o Antonio Tarrío de Viveiro, e xogarán as categorías benxamín, alevín, infantil e cadete

VIVEIRO, 26 de xaneiro de 2011. O delegado de Deporte da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, participou esta tarde na presentación do Campionato de Seleccións Locais, que se disputará na súa fase final o vindeiro domingo día 30 de xaneiro.

Ao acto de presentación, que se celebrou na casa do concello de Viveiro, tamén asistiron Emilio González, presidente do CFS Cidade de Viveiro, o alcalde de Viveiro, Melchor Roel, e o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro. Antonio Veiga manifestou a súa satisfacción “pola celebración deste campionato nun lugar como a Mariña, xa que se contribúe a que a zona sexa aínda máis coñecida polo seu dinamismo deportivo”.

No campionato, como explicou Emilio González, participarán as seleccións de Lugo, Ferrol, Ourense, A Coruña, Vigo, Lambre, Santiago e A Mariña, e xogarase entre os pavillóns municipais de Xove e Viveiro, e o Antonio Tarrío de Viveiro. Os partidos comezarán a partires das 10:30 horas da mañá, e das 16:30 horas pola tarde.

Exit mobile version