O mércores terá lugar no salón de plenos do Concello de Ribadeo a presentación da obra “Limpeza de sangue de espello cóncavo” da que é autor o ribadense Rubén Ruibal. Comparecerán: Mariluz Álvarez Lastra, concelleira de Cultura; o director Arturo López; a actriz Estíbaliz Veiga e Rubén Ruibal.