Site icon Crónica3.com A Mariña

Político e mercaderes

POLITICOS E MERCADERES

Admítoo, sempre critiquei a abstinencia política. Imos, que creo que hai que procurar mollarse dun modo ou outro, e non se pode pasar olímpicamente de todo, e menos de algo así. Pero cada certo tempo, confesoe, teño dúbidas paréceme a actitude máis xa é intelixente, as cousas son como son, e nese caso ao César o que é do César.

Todos os días, todos, en todas as canles, en todos os xornais, en todas as radios… de A Mariña ¡Deus, en todos lados hai un político dándolle ao pico e lanzando pedras! Que se estes son uns vermellos libidinosos, que se os outros son uns fachas de moito carallo, que se este é un nacionalista, e esoutro un extremista radical… foder… resulta esgotador. E un imploraría un tempo morto, uns días de descanso, un par de días de bandeira branca e poder descansar así de tanta bobada mariñán.

De todos os xeitos paréceme a min que a cousa pinta mal, é dicir, que imos seguir nas mesmas. Así que teñan coidado, non lles vaian a pillar no medio e por contaxio volverse “bobos do carallo”, enfermidade que xa abunda en políticos, politiquitos e cagabandurrias da bisbarra.

Como o “articulito” quedoume algo raquítico engado esta ultima reflexión:

Máis que políticos -quédalles grande a palabra-, eu diría que son simples mercaderes, que tratan de colocar o seu produto por encima do da competencia. O debate construtivo está en crise… agora o que leva é estar encima dos demais caia quen caia, e os primeiros en dar exemplo deste mal son os mesmos “mercaderes” (con perdón para os mercaderes honestos, que os hai a eito…).

Otero Regal

Exit mobile version