Nota de prensa:
PSdeG PSOE DE FOZ
Dende o Partido Socialista de Foz facémonos eco da nota de prensa que o PP de Foz fixo pública nestes pasados días, falando novamente, sobre o que chaman eles a “reorganización integral do porto de Foz”.
Entendemos dende o PSOE de Foz que o PP volve a intentar vendernos fume novamente aos veciños do noso Concello, isto é O ESTUDIO DO ESTUDIO DO ESTUDIO que é o único que o PP tanto de Foz coma da Xunta de Galicia saben facer no noso Concello, o que nos teñen que dicir é canto se vai investir nesta obra faraónica e de que partida van saír os cartos para ese “proxecto” .
É difícil de entender para o PSOE de Foz e mais para os veciños, que despois de estar adxudicada no porto, precisamente por este goberno do PP da Xunta de Galicia, unha obra por valor de 90000 € como é a remodelación da antiga lonxa para nave de redes, o PP local pretenda tirar esta nave e esa inversión e facer algo novo e distinto, pois menos mal que estamos en crise, que senón como sería a cousa.
No PSOE de Foz non nos opoñemos a ningún tipo de obra todo o contrario cantas mais obras mellor, todas as obras son necesarias, pero preguntámonos si non sería prioritaria a construción da residencia de anciáns co seu centro de día , ademais de menos custosa, pero para iso, son incapaces de poñer nin un solo euro.
Das reformas dos colexios a onde van os nosos fillos, tivo que facerse cargo o Concello de Foz, que investiu neles preto de 100.000 €, e terá que seguirse facendo cargo si non se quere que chova polos nenos, as ANPA dos colexios do noso municipio falan de fortes retrasos no abono das subvencións.
Para facer as autopsias hai que seguir indo a Lugo, por moito que diga o Sr Balseiro e senón pregúntenlle a algunha funeraria afincada neste concello.
Son incapaces de aportar pequenas cantidades de diñeiro para obras sociais, incapaces de rematar a cidade da cultura en Santiago, esa obra faraónica que ven da época de Fraga e queren empezar outra do mesmo estilo en Foz.
Temos que pedirlle dende o PSOE de Foz ó PP que se centren dunha vez, que levan coa obra do porto non sei cantos meses, e nada de nada, estudio sobre estudio, falen claro, digan canto vale a obra e de onde van a saír os cartos, hasta que non nos digan iso mais fume para os veciños de Foz.
Déixense de enganar á xente e poñan cartos dunha vez para obras sociais,(residencia de anciáns, comedores da APA, reformas dos colexios, etc. etc.) o que pasa e que claro, vostedes non saben o que é iso, nin creen nesas cousas.