Site icon Crónica3.com A Mariña

Os infantís da selección de futbol sala de A Mariña disputan o domingo en Viveiro o campionato galego

Nota de prensa

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. O vindeiro Domingo 30-1-2010 as Seleccións de A Mariña de Fútbol Sala desprazarán ata a localidade de Viveiro o seu combinado infantil para a disputa da Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Locais coa esperanza de seguir mantendo os bos resultados colleitados na fase de clasificación.

Disputarán as semifinais contra a Selección de Vigo ás 10:30h no Pavillón Municipal de Viveiro.

En caso de gañar enfrontarianse na final, ás16:30h no mesmo pavillón, ao gañador da outra semifinal que enfronta ás Seleccións de Lugo e Coruña.

O combinado infantil, dirixido por Christian Gómez Fustes, está formado polos seguintes xogadores: Samuel Alvo Cabaleiro e Alejandro Paz Alonso de A Mariña F.S., Christian García Méndez, Renato Lopes Furtado, Borja Blanco López, Adrián Sanjurjo Penabad, Daniel López Otero, Cristian Reigosa Karageorgian e Aaron Fernández Cabana do CD Burela FS, Javier Fraga Pérez e Jorge Pernas Vázquez do C.F.S. Cidade de Viveiro e Aaron Blanco Casabella da A.C.D. Xove.

Exit mobile version