Nota de prensa
OS ERROS EN XAÉN (2-1) CONDUCEN OS BURELISTAS Á SÉTIMA PRAZA
As ausencias e as molestias físicas dalgúns dos presentes pesaron demasiado no banco do Burela FS en Xaén. Os erros condenaron os pupilos de Suso Rey ante Fuconsa (2-1) e condúcenos á sétima praza.
A pesar da boa mobilidade mariñá, foron os xienenses os que conseguiron adiantarse no electrónico, nas zapatillas de Miguelín, que quedou só ante Edu ao interceptar un pase longo de André.
Con 1-0 e aínda con moito tempo por diante para inverter o resultado, os laranxas retomaron o encontro na segunda parte con boas vibracións. Minu puxo o empate aos tres minutos, pero pouco durou este aire fresco porque, aos poucos segundos, volveu aparecer Miguelín para aproveitar outro descoido do Burela FS, tras a perda do balón nun córner. O esférico coouse na rede cunha picada por riba do xienense ante a posición adiantada de Edu. Faltando catro minutos para o final, Purao enfundou a camisola de porteiro-xogador, sen variacións no marcador.