Nota de prensa
Wikipedia celebrará o seu décimo aniversario o próximo 15 de xaneiro de 2011
Para conmemorar este feito histórico, persoas de todo o mundo están a reunirse en distintos eventos para festexar o aniversario da Wikipedia. Invitámoste a unirte ós nosos voluntarios en A Coruña, España, Bangalore, India, Skopje, Macedonia, Londres, Inglaterra, Nairobi, Kenya ou a calquera dos perto de 300 eventos previstos en todo o mundo:
http://ten.wikipedia.org/
Sobre Wikipedia e a Fundación Wikimedia
A Fundación Wikimedia é unha organización sin ánimo de lucro que mantén a Wikipedia, a enciclopedia libre. Con sede en San Francisco, California, a Fundación Wikimedia é unha organización sin ánimo de lucro e auditada que é financiada principalmente a través de donacións e subvencións.
http://ten.wikipedia.org/
http://ten.wikipedia.org/wiki/Wikipedia_timeline
http://wikimediafoundation.org/wiki/Press_room
Eventos previstos en Galicia para o día 15:
Dende a Galipedia, o proxecto irmán da Wikipedia, queremos festexar este aniversario chegando ás 5.000 edicións nese día. A media de edicións diarias da Galipedia é dunhas 1.100 co cal temos un gran reto para este día co cal invitamos a todos os interesados que participen con nós nos eventos ou pola súa conta nas súas casas. Temos dous eventos previstos en:
* Culleredo (A Coruña): Imos comezar a xornada cun pequeno taller de introducción á edición da Galipedia para introducir no proxecto a todos os que queran participar. Logo porémonos a traballar no reto facendo todas as edicións que queramos coa axuda de expertos galipedistas. Remataremos a xuntanza ás 12:15 cunha wikitarta de aniversario da Wikipedia para compartir con tódolos editores.
* Ribadeo (Lugo): Neste evento imos ter unha pequena charla sobre Wikipedia, logo, un pouco máis tarde, faremos unha introducción á edición da Galipedia e logo porémonos a traballar no reto para tentar superar as 5.000 edicións.
http://ten.wikipedia.org/wiki/A_Coruña
http://ten.wikipedia.org/wiki/Ribadeo