Nota de prensa:
REGO AFIRMA QUE OS RESPONSABLES DO SERGAS QUE VALORAN COMO POSITIVAS AS EVOLUCIÓN DAS LISTAS DE ESPERA NO HOSPITAL DA COSTA DEBEN DIMITIR O SER FULMINANTEMENTE CESADOS
– O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego esixe a inmediata posta en marcha dun plan especifico para afrontar a situación do deterioro da sanidade publica na Mariña
– Di que a situación é moito mais grave polo que esixe ao responsables do Sergas a inmediata publicación da lista de espera non estructural do Hospital da Costa que esconde miles de pacientes agardando por unha intervención
– Sinala que as políticas da Conselleira de Sanidade Pilar Farjas manteñen o Hospital da Costa no ranking das esperas de Galicia
– Lamenta que as listas de espera publicadas veñen a confirmar os peores augurios das denuncias realizadas polo PSdeG-PSOE e os colectivos sociais da zona
Santiago , 21 de xaneiro de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego pide explicacións a Feijoo polas insoportables listas de espera no hospital da Costa. Afirma que os responsables do Sergas que valoran como positivas as evolución das listas de espera no hospital da Costa deben dimitir o ser fulminantemente cesados.
Coas cifras na man sinala que o tempo medio de espera quirurxica elevouse ata 89.7 días o que supón un incremento de 9 días con respecto o ano 2008 (ultimo ano presidido por Emilio Pérez Touriño). Cualifica estas cifras como “unha autentica tomadura de pelo aos cidadáns”, e denuncia que “non se están adoptando medidas para mellorar a grave situación que estran sufrindo os cidadáns da Mariña como consecuencia do deterioro na sanidade publica tanto en atención primaria como especializada”. Advirte tamén que núcleos urbanos e de referencia comarcal como Viveiro non teñen garantizado o servicio de pediatría, ou que o Hospital da Costa someta a poboación da Mariña as listas de espeta mais longas do sistema publico sanitario galego e volvan de novo os desprazamentos de doentes a outros centros sanitarios a mais de 100 km de distancia.
Lémbralle aos responsables do Sergas que a productividade do Hospital da Costa e os seus profesionais foi das mais altas de Galicia dende a súa apertura, e non tiveron que agardar pola chagada dos xenios en materia de xestión sanitaria do PP para expresar o seu compromiso coa sanidade publica da que forman parte en favor do conxunto dos cidadáns da Mariña. Rego replica que “so bastaría con que os actuais xestores do Sergas tomaran exemplo dese compromiso en vez de manipular datos catastróficos derivados da súa xestión”. Por iso reclama que se comprometan a adoptar as medidas precisas que permitan contar cun numero de medios e equipamentos para rematar co grave deterioro que sufre a sanidade publica na Mariña nos últimos dous anos.
Nese senso o deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego esixe a inmediata posta en marcha dun plan especifico para afrontar a situación do deterioro da sanidade publica na Mariña. Reclama que se poñan os medios e a organización axeitada para utilizar ao máximo as posibilidades actuais do Centro Hospitalario e do seu cadro de persoal, e tamén poñendo en marcha as actuacións programadas e presupostadas polo anterior Goberno, incluíndo a ampliación.
Di que a situación é moito mais grave polo que esixe ao responsables do Sergas a inmediata publicación da lista de espera non estructural do Hospital da Costa que esconde miles de pacientes agardando por unha intervención.
O deputado socialista lamenta que as listas de espera publicadas veñen a confirmar os peores augurios das denuncias realizadas polo PSdeG-PSOE e os colectivos sociais da zona, xunto cos propios profesionais do centro, sobre o grave deterioro ao que esta sometendo os actuais responsables do Sergas o Hospital da Costa. A maiores sinala que as políticas da Conselleira de Sanidade Pilar Farjas manteñen o Hospital da Costa no ranking das esperas de Galicia.
Así as cousas Rego afirma que esta situación deriva da estratexia da Conselleira de Sanidade de descapatizacion do Centro Hospitalario. Xa que asegura que recorta os orzamentos para o seu funcionamento, paralizando as inversións e actuacións polo anterior Goberno, entre as que se atopaban a reforma dalgúns servicios como o de xinecoloxía, e a propia ampliación do centro hospitalario para que xa había redactado o preceptivo Plan funcional.