Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE esixe o inmediato reinicio das obras de acceso ao porto de Burela

Nota de prensa:
REGO ESIXE O INMEDIATO REINICIO DAS OBRAS DE ACCESO AO PORTO DE BURELA

– O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego entende que non hai xa ningunha razón para que as obras sigan paralizadas e non se de cumprimento aos prazos programados

Santiago , 26 de xaneiro de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego anunciou hoxe que rexistrou unha proposición no Parlamento Galego para reclamar á Xunta, a que adopte tódalas medidas precisas para o reinicio das obras de acceso ao Porto de Burela, de xeito que se dea cumprimento aos prazos establecidos na programación aprobada nos orzamentos do ano 2010, nos que se contemplaba o remate das obras no ano 2012.

O deputado socialista unha vez rematados tódolos atrancos xudiciais e técnicos, incluído a modificación do trazado da vía de FEVE acordado con esta empresa, Rego entende que non hai xa ningunha razón para que as obras sigan paralizadas e non se de cumprimento aos prazos programados para a finalización dunha infraestructura que é imprescindible para o desenvolvementos da actividade do Porto como para a mellora das condicións de accesibilidade e a seguridade vial ao enclave urbano de Burela.

Lembra que o porto de Burela é un dos de maior volume de operacións dentro dos portos adscritos á Comunidade Autónoma de Galicia. Di que o devandito enclave estratéxico foi experimentando diferentes ampliacións nas súas liñas de atraque. Na actualidade atópase en pleno funcionamento e producción unha gran lonxa para o tratamento e comercialización da pesca, o que está a contribuír a un sensible aumento do tráfico e actividade no porto.

Exit mobile version